Site icon Crónica3.com A Mariña

Gala final de peche do Festival de Narración Oral ‘De Cobo a Xunco’ bautizado como “RÍA”, que tivo lugar na Casa da Cultura de Cervo, ante un auditorio cheo

Rematou con empate técnico entre o Río Xunco e o Río Cobo. Con especial agradecemento a Alba María, Lupe Blanco, Caxoto e Carmen Conde de Tarabela Creativa. O Festival de Narración de Cobo a Xunco levou contos e historias cada venres de setembro a diferentes lugares e parroquias do municipio, cunha programación pensada para persoas de todas as idades que culminou co Peche na Casa da Cultura, nunha batalla dialéctica entre os embaixadores/as dos dous ríos, Xunco (Caxoto) e Cobo (Carmen Conde).

Exit mobile version