Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo prepárase para As San Lucas, que se celebrarán do 16 ao 20 de outubro con Xose Vizoso na memoria

A Vicepresidencia da Deputación colabora na organización das festas

Mondoñedo, 1 de outubro de 2025. A deputada de Cultura Iria Castro participou esta mediodía na presentación da 869 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

As actividades arredor do cabalo centran a axenda das festas que se celebran do 16 ao 20 de outubro e que terán como pregoeiro a Carlos Folgueira, herdeiro do legado do Rei das Tartas, e que renderán homenaxe a Xosé Vizoso.

A baixada dos cabalos desde os montes próximos ata o campo da feira, con paso polo Barrio dos Muíños, a rúa San Roque, a Fonte Vella ou a Praza da Catedral – o día 17 – e a gran feira tradicional de gando cabalar -o día 18- serán as principais actividades arredor do cabalo no programa das feiras, que acollerán certames de andadura, certames morfolóxicos e espectáculos de doma nocturna.

A deputada de Cultura Iria Castro ratificou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ás San Lucas, que se veñen celebrando desde 1156 e que son emblema da pegada cultural e social de séculos de relación co cabalo e co medio natural”. “As San Lucas son memoria, tradición e identidade, parte do noso patrimonio como galegas e galegos, por iso é obrigado para as institucións mantermos unha colaboración de xeito estable e constante coa organizacion, a que felicitamos un ano máis polo traballo”

A deputada provincial valorou tamén a iniciativa de “lembrar e homenaxear a Xose Vizoso, que tan xenerosamente colaborou co deseño da cartelería das San Lucas ao longo da súa vida, co deseño deste ano, obra do seu fillo Daniel Vizoso”

A área de Cultura achega de 20.000 euros á organización das San Lucas que tamen conta co apoio organizativo da área de Rural para a feira e as actividades arredor dos cabalos.

Exit mobile version