
Este martes 30 de setembro “soubemos do pasamento do noso veciño e amigo Xosé Luis Barrera Rei. Desde o BNG de Ribadeo queremos transmitir o noso pésame a toda a súa familia e renderlle homenaxe a unha persoa que sempre amosou as súas inquedanzas pola nosa cultura, polo mundo do deporte, e polo seu país: Galiza”. Xosé Luis Barrera Rei estivo vinculado ao mundo da cultura ribadense, nomeadamente ao grupo de teatro, e ao mundo do deporte; tamén foi responsábel local do BNG nos anos oitenta. Tres foron as súas paixóns: Galiza, Cuba e o seu Deportivo da Coruña. Na veciñanza queda un recordo moi agradecido polo seu compromiso co país e con Ribadeo. “Sempre formarás parte da nosa memoria, Barrera”.