A actuación, adxudicada por un importe de 47.795 euros, poñerá fin a unha “débeda histórica”, xa que, a pesar de estar a só un quilómetro da capital do concello, Balmeón carecía deste servizo tan básico en pleno 2025.
Unha vez notificada a adxudicación, a empresa terá un prazo de dous meses para a execución das obras. Estas dotarán á localidade dun servizo esencial para a seguridade e calidade de vida dos seus veciños.