O rexedor declarou: “xa está aberto o proceso de licitación da obra do abastecemento da auga de Ribadeo. Valorar positivamente todo o traballo que se fixo en conxunto, á Xunta de Galicia grazas por aportar eses 7,5 millóns de euros. Tamén agradecer ao Concello de Trabada a colaboración para ser un proxecto supramunicipal e así captar fondos europeos. Entre todos o fixemos posible”.
Vega comentou: “agora xa está aberto ese proceso de licitación e todo indica que en breve comezarán as obras. Eu quero destacar que a colaboración institucional entre a Xunta e os Concellos de Trabada e o Ribadeo foi total e absoluta. Por iso conseguimos 7,5 millóns de euros, pero hai que lamentar a actitude da Deputación, e en concreto, do BNG e do PSOE. Votar que non no pleno do martes a aportar o 20 % parécenos desleal. Pero nosoutros non vamos lamentarnos nin a estar constantemente cun discurso de crítica. Describimos unha realidade, é dicir a Xunta aporta 7,5 millóns de euros e agora había que aportar o 20 % e así axudarlle aos concellos a non ter que aportar ese 20 %, é dicir a non asfixiarnos economicamente”.
O alcalde dixo: “na provincia de Coruña a Deputación e a Xunta colaboran, en Pontevedra tamén e en Ourense tamén. Porque en Lugo non? Se nos aportaran ese 20 % o Concello non tería que aportar economicamente esa cantidade e así mermar as contas municipais. Agora vamos ter que priorizar e non dá para todo, diso somos todos conscientes. Pido e insisto que se votaron que non nese pleno, aínda teñen unha oportunidade. Agora solicitamos unha reunión co presidente da Deputación para que nos reciba, vamos explicarlle porque o proxecto xa está na Deputación, explicámosllo outra vez e que entren en razón”.
Dani Vega considera que “é de xustiza que aporten ese 20% a Ribadeo, que nos axuden con ese 20 % para que non se mermen as contas municipais, para que así poidamos facer moitas máis cousas ou é que algún se alegra de que o Ribadeo non poida seguir facendo cousas ou é que hai algún grupo político que se alegra de que non nos axuden desde a Deputación, pois parece que si, pero nosoutros vamos ser conscientes do escenario. É dicir, traballar, seguir xestionando e se non o pon a Deputación vamos pelexalo e vamos resolvelo, porque parece que a algún lle molesta que Ribadeo siga avanzando, que siga crecendo, pois nosoutros dicimos que non. Non a ese sectarismo da Deputación, non ao sectarismo do BNG e non ao sectarismo do PSOE, que nos queren bloquear economicamente”.
O rexedor insistiu: “nosoutros vamos seguir xestionando, xa conseguimos 7,5 millóns de euros. Se nos poñemos, e eu creo que sí, vamos conseguir ese 20%, sexa da Deputación ou doutra administración, pero vamos conseguilo, porque é unha obra prioritaria, é unha obra fundamental para que siga medrando Ribadeo. A rede de abastecemento de Ribadeo é fundamental, xa o era hai moito tempo, falouse moito, pero nunca se fixo nada. E agora que se pon a solución, vamos concretalo nos próximos meses”.