Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal socialista de Viveiro lamenta que alcaldesa “siga sen entender que debía convocar unha comisión informativa sobre o vertido de purín”

Viveiro, 7 de outubro, 2025. O grupo municipal socialista de Viveiro lamenta que, tres meses despois do vertido de purín que afectou ó abastecemento de auga no noso Concello, a Alcaldesa siga sen entender que, por transparencia e responsabilidade institucional, debía convocar unha comisión informativa para explicar cronolóxicamente o sucedido unha vez rematada a situación.

O PSOE lembra que nunca se cuestionou a actuación das forzas de seguridade, da empresa subministradora da Auga, Viaqua, nin dos servizos técnicos municipais, que responderon con eficacia ante o incidente. O que se criticou é a falta de transparencia e de respecto institucional da alcaldesa, que goberna con minoría e debería lembrar que a oposición tamén representa unha parte moi importante da veciñanza.

A comparecencia produciuse finalmente no último pleno, non por vontade propia da Alcaldesa, senon porque se viu obrigada despois de que o PSOE e o BNG solicitasen un pleno extraordinario. A pesar de que esa solicitude non reunía todos os formalismos legais, a alcaldesa tivo que comparecer igualmente caseque catro meses despois dos feitos.

Dende o PSOE “lamentamos ademáis que a Alcaldesa utilizase as redes sociais institucionais para xustificar a súa actuación. O que o grupo Socialista pedía era unha comparecencia completa, clara e ordenada, que explicase cronolóxicamente todas as actuacións realizadas durante e despois do vertido, algo que segue sen produciuse”.

Por último, o PSOE critica que, unha vez máis Por Viveiro volva a apoiar a postura do Partido Popular, esquecendo as súas propias esixencias de transparencia cando estaba na oposición. “E increíble a pleitesía que lle rinden á Alcaldesa pleno tras pleno”.

Os socialista reiteran que a transparencia non é unha cuestión de vontade, é unha obrigación democrática e institucional. “A Alcaldesa debería asumir que gobernar e dar contas e dialogar, non utilizar as redes oficiais do Concello ó seu antollo nin actuar con soberbia fronte ó PSOE e BNG, con contínuas faltas de respecto”, rematan.

Exit mobile version