Está prevista a comparecencia da alcaldesa Mariña Gueimunde para dar conta do vertido de purín ao río Landro ocorrido en xuño
Na sesión, darase conta das resolucións da Alcaldía e está prevista unha comparecencia da alcaldesa Mariña Gueimunde, solicitada polos grupos do PSOE e BNG, sobre o vertido de purín ao río Landro, ocorrido en Muras o pasado 6 de xuño.
Tamén serán sometidas a debate dúas mocións: unha do Grupo Municipal do PSOE para dar continuidade á Mostra de Teatro dentro do programa Superarte, e outra do Grupo Municipal do BNG relativa á execución progresiva do Plan de Mellora da Accesibilidade do Concello de Viveiro.