José María Fernández lamenta que o alcalde de Trabada “poña por diante os intereses do PSOE antes que os dos trabadenses” xa que “un bo alcalde chamaría a todas as portas para conseguir o maior financiamento posible para levar abastecemento de auga potable e saneamento” a todas as parroquias
O voceiro popular de Trabada, José María Fernández, explica que no último pleno municipal defendemos unha iniciativa para pedir ao Concello que pedise colaboración tamén á Deputación na implantación do ciclo da auga naquelas parroquias nas que carecen destes servizos básicos xa que “segundo un convenio asinado entre o Concello de Trabada, o Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia no nos municipio se implantarán en tres parroquias sen coste algún para o noso concello, polo que pedimos ao goberno local maior ambición e solicitar a colaboración económica tamén da Deputación de Lugo”.
José María Fernández lamenta que “o alcalde poña por diante dos intereses dos veciños de Trabada os intereses do PSOE” xa que “vemos como unha vez máis négase a pedir que o goberno da Deputación de Lugo colabore economicamente con todos os veciños”.
Para o voceiro popular, o alcalde “debería de reflexionar” porque “a Deputación de Lugo tamén pode colaborar na dotación destes servizos básicos” que “pese a ser certo que se trata dunha competencia exclusiva de ámbito municipal, non é menos certo que é competencia da Deputación a colaboración cos concellos”.
Neste senso, José María Fernández agarda que “como fixo xa en moitas ocasións Rubén García e, tras votar en contra de iniciativas do PP e presentalas semanas despois como propias, nesta ocasión faga o mesmo porque se trataría dunha mellora substancial para os trabadenses que é para o que traballamos todos os concelleiros do Partido Popular de Trabada”.