Os populares condenan que “o goberno local non foi capaz de arranxar o auditorio municipal a pesar de que non supón un investimento elevado, pero si gastaron 18.000€ na renovación do mobiliario da alcaldía ou 17.000€ en comunicación para que faga fotos á alcaldesa
“Fronte a unhas actuacións de 18.000€ que non foron capaces de acometer no auditorio municipal para garantir a súa conservación e, especialmente, a seguridade dos usuarios; si foron capaces de gastar outros 18.000€ na renovación do mobiliario da alcaldía, 17.000€ polo servizo de comunicación para facer fotos á alcaldesa ou 15.000€ en postais”, critican dende o PP vilalbés.
Os populares subliñan as “diferencias entre as concellerías de ambas partes do goberno municipal bipartito” -como a área de Cultura que xestiona Vilalba Aberta e a área de Obras que xestiona o PSOE- que se evidencian “no desastroso mantemento das infraestruturas municipais”.
Dende o Grupo Municipal Popular xa teñen advertido que “a falta dun mantemento apropiado” por parte do goberno local de forma regular supón o deterioro e abandono das infraestruturas.
Así, advirten que “os únicos prexudicados polas diferenzas entre áreas de goberno e a mala xestión do bipartito somos os vilalbeses”.
Deste xeito, sería preciso que o goberno local vilalbés realizase un estudo para contar cunha planificación axeitada á hora de realizar investimentos “segundo as necesidades e prioridades existentes” para así poder garantir que exista un equilibrio de gasto á vez que se manteñan en bo estado de conservación os inmobles para garantir o seu uso por parte de todos los vilalbeses e vilalbesas.
Dende o Grupo Municipal Popular explican que se trata de dar prioridade e poñer en marcha políticas para mellorar a vida de todos os veciños de Vilalba, en lugar de gobernar unicamente pensando en obter réditos políticos. “Precisamente non fan o que sempre reclamaron cando estaban na oposición”.