
Tomé Roca felicitou á nova representante do Goberno e desexoulle unha etapa chea de acertos, subliñando que “os seus éxitos serán tamén os éxitos da provincia, pois redundarán no benestar e progreso de todos os veciños e veciñas”. Ademais, o mandatario provincial expresou a súa vontade de seguir colaborando dun xeito leal e estreito coa Subdelegación para traballar conxuntamente en proxectos de interese para a provincia. Xunto ao Presidente provincial asistiu o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.