Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Ciclos Teatrais volven a Trabada

NUEVOS POSTS CONCELLO DE TRABADA (1080 x 1350 px) – 207

Trabada, 1 de outubro de 2025. O Concello de Trabada, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en marcha unha nova edición dos Ciclos Teatrais, unha programación cultural que se celebrará na Casa da Cultura de Trabada o primeiro sábado de cada mes, dende novembro ata xuño.

O ciclo dará comezo o 1 de novembro coa obra Expectativa Lonxana do grupo Nova Escena e continuará con diferentes compañías teatrais da comarca e da provincia, como 57 Palabras, A Adala de Fazouro, Lume Escénico, Trípode, Pico do Castro, O Centiño e San Tirso del Eo. As representacións, de xénero principalmente cómico, serán ás 21:00 horas.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “un ano máis seguimos apostando pola cultura como ferramenta de dinamización e encontro veciñal. Queremos ofrecer unha programación estable e variada, cun ciclo que xa conta cunha grande acollida e que garante risa e entretemento para todos os públicos”.

Con esta iniciativa, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso cunha programación cultural ampla e continua ao longo de todo o ano, fomentando o acceso á cultura no rural e o apoio ás compañías teatrais locais.

Exit mobile version