O proxecto contou cun investimento total de 50.880,37 euros, dos cales 35.616,26 euros proceden dunha subvención solicitada á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, mentres que os 15.264,11 euros restantes foron achegados polos dous concellos.
Os traballos permitiron acondicionar e mellorar o firme desta vía, aumentando a seguridade e comodidade do tránsito tanto para vehículos como para os veciños e veciñas que a empregan habitualmente.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “esta actuación é un novo paso adiante para mellorar as comunicacións entre parroquias e garantir unha mobilidade segura para a veciñanza”. Engadiu tamén que “a colaboración institucional é fundamental para levar a cabo este tipo de proxectos, que dan resposta a necesidades comúns e repercuten directamente na calidade de vida do noso rural”.
Con esta obra, o Concello de Trabada continúa avanzando na súa liña de actuación orientada á mellora das infraestruturas viarias e á posta en valor das conexións entre parroquias, contribuíndo á cohesión territorial e á dinamización do municipio.