Cervo, 12 de marzo do 2026. O Concello de Cervo abre este xoves o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do programa Cervo Concilia en Semana Santa, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares.
As inscricións poderán formalizarse ata o 24 de marzo na Casa da Cultura ou no Concello.
Co obxectivo de trasladar toda a información sobre esta nova convocatoria, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo un encontro na Casa da Cultura coas ANPAS dos dous centros educativos do municipio, o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz. Durante a reunión abordáronse os detalles do programa, os prazos de inscrición e diferentes cuestións de interese para a comunidade educativa.
Ademais, no encontro tamén se tratou o funcionamento doutros programas municipais vinculados á conciliación, como Cervo Madruga, que tamén se desenvolve dentro do programa Corresponsables en Cervo, ao igual que Cervo Concilia.
Segundo trasladaron durante a reunión, Cervo Madruga está a funcionar moi ben por segundo curso consecutivo, converténdose nun recurso moi valorado polas familias do municipio. Trátase dunha iniciativa que xurdiu da colaboración entre as ANPAs e o Concello de Cervo, co obxectivo de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias antes do inicio da xornada escolar.
“Estamos moi satisfeitos coa acollida que está tendo Cervo Madruga, que xa vai polo seu segundo curso con moi boa resposta das familias. É unha iniciativa que naceu da colaboración entre as ANPAs e o Concello, e que demostra que traballar da man é chave para poder poñer en marcha recursos útiles e necesarios para a veciñanza”, afondou.
A alcaldesa quixo destacar a importancia deste tipo de programas para apoiar ás familias cervenses, “desde o Concello seguimos apostando por iniciativas que axuden ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar, especialmente durante períodos non lectivos como é a Semana Santa”, sinalou Dolores García Caramés.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



