Site icon Crónica3.com A Mariña

Hipocrisía urbanística

por Emilio González Legaspi

Hai un mes escribía nesta mesmas páxina un pequeno artigo de opinión titulado “Sempre pagan os mesmos” referíndome a que a crise actual recaerá sobre os máis débiles, como pasou toda a vida. Per non podía imaxinar que o descaro fose tan grande, chegando a pedir directamente que se saquen os cartos dos máis necesitados para que a patronal da construción e os bancos sigan forrándose. Fundamento esta afirmación nos seguintes feitos que ocorreron nos últimos días.
Primeiro representantes de entidades bancarias suxiren publicamente que o goberno bote man das arcas do fondo que garantía das pensións para sufragar a crise da construcións.
Segundo un representante da patronal dos construtores galegos critica ao ministro Solbes porque este se nega a pagar con cartos de todos os excesos das promocións urbanísticas, alegando, en ton demagóxico e ameazante, que eles son os únicos que crean emprego –non din de que tipo- e que a situación pódese agravar.
Terceiro, pola noite do mesmo día, o presidente da patronal dos construtores españois, Gillermo Chicote, pide que o goberno subvencione os préstamos para a compra de vivendas cos cartos de todos.
Eu penso que agora, todos os cidadán deberamos reclamar os impostos que deixou de cobrar a Facenda Pública dos cartos B que a maior parte dos compradores de vivendas tiveron que aportar durante estes últimos anos a construtores sen escrúpulos que se enriqueceron sen ter en conta as posibles consecuencias. ¿Por que non aportan unha partes desas enormes ganancias para paliar a crise actual no canto de botar para fóra os obreiros e pechar as obras? ¿Por que se negan a baixar o prezos sobrevalorados das vivendas para que poidan acceder a elas un número maior de persoas? ¿Por que non protestaban cando gañaban cartos a mans cheas? ¿Por que piden agora que interveñan o goberno no mercado e non o facían cando os a burbulla inmobiliaria medraba sen control, sabendo cales ían ser as consecuencias?.
Esta patronal do ladrillo está dando unha imaxe de irresponsables, hipócritas, faltos de ética e de total insolidariedade coa sociedade que os enriqueceu. Esperemos que o goberno saiba defender os intereses de todos os cidadán e que os cidadán estean vixiantes para defender os seus dereitos e as pensións dos nosos maiores.

Exit mobile version