NOTA DE PRENSA Nota de prensa: SOSPEITAS DE DIRIXIMOS POLÍTICO: Foi o director xeral de Urbanismo do anterior Goberno de socialistas e nacionalistas quen ordenou o inicio das actividades ins... Ler máis
NOTA DE PRENSA: O CONCELLO PRESENTA ALEGACIÓNS ÁS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO DA XUNTA PARA QUE BURELA SEXA CABECEIRA DO SISTEMA URBANO INTERMEDIO. O ASUNTO IRÁ AO PLENO DO 2 DE... Ler máis
VIVEIRO .- O Consello da Xunta aprobou un decreto polo que se modifica a ordenación provisional, polo que se suspende a vixencia das normas subsidiarias de planeamento de Viveiro e se aproba... Ler máis
BURELA (FNC) .-. O Concello pedirá a través dunha moción, que irá ao pleno do xoves, a retirada o Plan de Ordenación de Litoral polas consecuencias negativas que ten para Galicia e particula... Ler máis
RIBADEO (FNC).- O alcalde convocará unha xunta informativa de urbanismo a vindeira semana para analizar as suxerencias formais que o Concello lle plantexará á Xunta sobre o Plan de Ordenació... Ler máis
BURELA (FNC) .- A tenente de alcalde e voceira do BNG no Concello, Neves Cando, asegura que o Plan de Ordenación do Litoral machaca urbanisticamente a Burela e anuncia a presentación de aleg... Ler máis
NOTA DE PRENSA O BNG considera que o Plano é un exemplo do urbanismo a carta. Veiga afirma que o Plano do Litoral clasifica 25.531 hectáreas de solo na Mariña. A Xunta de Galiza anunciou ont... Ler máis
SANTIAGO .- O concello de Valadouro delega na Axencia da Legalidade Urbanística o exercicio das competencias competencias en solo rústico, protección dos núcleos rurais e solo urbanizable pa... Ler máis
RIBADEO (FNC) . O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ordenou onte unha nova execución subsidiaria no casco vello por parte do Concello. Os operarios tiveron que actuar nun inmoble da rúa V... Ler máis
Nota de Prensa Basanta solicita copia dun informe de Urbanismo sen rexistro de entrada O Arquitecto Municipal de Foz afirma que se modificou o planeamento de xeito ilegal Foz, 17 de decembro... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo modificará o planeamento municipal para protexer unha superficie bruta de 28.000 metros cadrados correspondentes ao asentamento orixinario de Lieiro. O Goberno m... Ler máis
Nota de Prensa O BNG PREOCUPADO POLO LEVANTAMENTO DA SUSPENSION DE LICENZAS SEN TER O PLAN XERAL APROBADO Culpa ao grupo de goberno dunha pasividade irresponsable O día 3 de maio remata o pr... Ler máis

















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



