Nota de Prensa
O voto contrario do BNG ó convenio urbanístico de Barreiros supón para o GPPP darlle as costas ós cidadáns
Lugo, a 3 de maio de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que o BNG non ten interese en resolver problemas, nin tan siquera cando están nas institucións gobernando, como o demostraron co voto en contra do convenio co Concello de Barreiros na xunta de goberno da Deputación do pasado venres.
Para os populares, o BNG confunde a política partidista coa política institucional, porque só así se entende ese voto absolutamente contrario á búsqueda de saídas consensuadas e o que pon de manifesto que o Bloque non actúa como un partido de goberno. Usan as institucións, engaden, para facer oposición, sen importarles nin o máis mínimo as consecuencias derivadas dese proceder.
Dende o GPPP insisten en que ese voto contrario ó convenio de Barreiros supón darlle as costas ós cidadáns, o que demostra que os nacionalistas, que foron uns dos que provocaron o problema e que en todo momento se adicou a botarlle leña ó lume, non son capaces de darse conta de que dende a Deputación, como dende o resto das institucións, estase para aportar solucións ós problemas. Por elo, convidan ó BNG a que, si a opción adoptada non lles gusta, aporten unha propia, que sea viable, e lembranlle ós nacionalistas que ata o momento o único que fixeron e torpedear calquer intento por resolver a situación.
Dende o GPPP tamén interpretan que o desmarque dos nacionalistas deixan claro que na administración provincial non existe un goberno senón dous partidos que cohabitan e que se adican únicamente a actuar en función dos seus intereses partidistas sen importarlles qué é o mellor para os intereses xerais da provincia e dos seus habitantes.
Os populares tamén lle advertiron ó PSOE que non se pode dicir unha cousa na Deputación e outra radicalmente distinta no concello, en función das circunstancias e da situación, como acontece co convenio de Barreiros. Por eso, os populares pídenlle ó PSOE que unifique criterios de unha vez sobre este asunto, así coma sobre outros como a Lei do Solo ou o Plano de Ordenación do Litoral, e deixen de enredar e embarullar as cousas






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



