O FSF Castro, o Rodiles FS e o Estrela Verín disputarán no Pavillón Municipal un torneo inédito no municipio
Pastoriza, 21 de setembro de 2026. Pastoriza acollerá este sábado, 26 de setembro, un torneo de fútbol sala feminino coa participación de tres equipos da Primeira División: o FSF Castro, o Rodiles FS e o Estrela Verín.
Na presentación do torneo participaron o alcalde, Darío Cabaneiro; o tenente de alcalde, Marcos García; a concelleira de Deportes, Fina Méndez; e José Manuel García, da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Pastoriza.
A actividade está organizada polo Concello de Pastoriza, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Pastoriza e da UD Pastoricense. A entrada será gratuíta e o Pavillón Municipal, con capacidade para 150 persoas, prevese que rexistre unha asistencia completa.
Tres partidos nunha mañá
O torneo disputarase en formato triangular, polo que cada equipo xogará dous encontros:
· 11:30 horas: Rodiles FS – FSF Castro
· 12:30 horas: Estrela Verín – Rodiles FS
· 13:30 horas: FSF Castro – Estrela Verín
A clasificación establecerase por puntos: tres por vitoria, un por empate e ningún por derrota. En caso de empate, terase en conta a diferenza entre os goles marcados e os encaixados. Ao remate entregaranse trofeos ao primeiro, segundo e terceiro clasificado.
Entre as xogadoras participantes estará Antía Pérez, do FSF Castro, internacional coa selección española.
Unha actividade importante para Pastoriza
Esta iniciativa nace coa vontade de achegar o deporte feminino á veciñanza, fomentar a práctica deportiva e converter Pastoriza nun punto de encontro para afeccionados e afeccionadas ao fútbol sala, apostando por sumar unha nova cita destas características á programación deportiva do municipio. A UD Pastoricense, entidade colaboradora do torneo, conta na actualidade con catro equipos, dous deles de fútbol sala (feminino e masculino), en 1ª Futgal (grupo 2). Esta vinculación co fútbol sala local reforza o sentido do torneo como unha iniciativa que tamén busca dar visibilidade ao deporte feminino e fomentar a súa práctica entre as nenas e mozas do municipio.
A celebración desta xornada supón tamén un fito para Pastoriza, xa que é a primeira vez que o municipio acolle un torneo con equipos da máxima categoría estatal. Grazas ao traballo e á colaboración de todas as partes, entre elas a coordinación cos equipos a través de Julio Delgado, adestrador do FSF Castro, foi posible facer realidade este torneo.
A intención é dar continuidade á iniciativa en vindeiras edicións, aínda que a organización deste tipo de eventos implica dificultades e un importante esforzo de coordinación. O Concello confía en poder manter o torneo no futuro e seguir achegando a Pastoriza este tipo de actividades deportivas.
A celebración deste torneo enmárcase na aposta municipal por converter Pastoriza nunha sede de eventos deportivos. Durante o verán, o municipio acolleu un torneo de fútbol sala no que participaron 24 equipos.
Servizo de bar e sorteo
Durante a xornada haberá servizo de bar e un sorteo de dúas camisetas da UD Pastoricense e do FSF Castro. Para isto, contarase coa colaboración da comisión do Entroido 2027.
O Concello agradece a implicación de todas as persoas que fan posible esta actividade, especialmente do persoal municipal e dos traballadores e traballadoras que colaboran na súa organización, así como da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Pastoriza, da UD Pastoricense e de BigMat Huertas, como patrocinador oficial.



















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


