Ribadeo, 17 de setembro, 2026. O Grupo Municipal do BNG de Ribadeo fixo balance da tempada estival, que cualificou como o «verán do caos e do todo vale». A formación nacionalista considera que os meses de xullo e agosto deixaron en evidencia a falta dun modelo de vila por parte do equipo de goberno encabezado por Daniel Vega, ao que acusan de priorizar a propaganda fronte ás necesidades básicas do municipio.
Segundo o BNG, a alta ocupación e a afluencia de visitantes —positivas para a economía local— puxeron de manifesto a falta de previsión e a incapacidade de xestión do executivo municipal. Apuntan a problemas na recollida do lixo, con contedores de papel no rural que levan case un ano sen baleirarse; deficiencias no mantemento dos espazos públicos; colapsos de tráfico sen alternativas de mobilidade; e unha sensación xeral de descontrol.
“Vivimos un verán no que pareceu valer todo, onde a improvisación substituíu á planificación. Daniel Vega e o seu equipo converteron o Concello nunha axencia de eventos mentres os servizos públicos máis elementais caían a cachos”, afirma o portavoz do BNG, Martín Graña.
A formación critica tamén a política de comunicación do alcalde, centrada —din— en titulares e anuncios, mentres a realidade das rúas amosaba suciedade, falta de mantemento de zonas verdes e mobiliario urbano, e ausencia de reforzos nos servizos para atender o incremento de poboación. O BNG enumera problemas como beirarrúas deterioradas, pistas e rúas sen rebachear, alcantarillado sen limpeza, desbordamentos de augas sucias en puntos críticos como Cabanela, contedores desbordados e pistas municipais sen rozar.
No ámbito da mobilidade, denuncian colapsos frecuentes e sinalan como exemplo o inicio das obras da Avenida de América en pleno mes de agosto, que provocou retencións de máis de dous quilómetros. Tamén critican a organización de eventos sen planificación, que derivou en situacións nas que veciños non podían sacar os coches dos garaxes ou abandonar aparcadoiros municipais pola instalación de escenarios de grandes dimensións.
O BNG lamenta igualmente a falta de información sobre a obra do Hospital Asilo, que acumula meses de silencio, e lembra que moitas das promesas electorais continúan sen materializarse, malia o gasto crecente ao que —aseguran— se está sometendo ao Concello.
Martín Graña conclúe que este modelo de xestión “mediocre e sen rumbo” non é o que Ribadeo merece, pero apela á esperanza: “Só quedan uns meses para que o pobo de Ribadeo tome a palabra e decida nas urnas se quere seguir instalado neste goberno claramente insuficiente ou dar o paso cara ao Ribadeo do futuro, cun proxecto de avance que poña á veciñanza por diante, con orgullo, cultura e servizos públicos co BNG á fronte”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



