A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, asistiu a unha demostración da tecnoloxía nunha finca da empresa Finsa nas Pontes
As Pontes de García Rodríguez, 16 de setembro de 2026. Un consorcio de empresas galegas traballa nun proxecto innovador que mellorará a xestión dos recursos forestais co apoio da Xunta de Galicia a través do programa Nexos. A directora da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Carmen Cotelo, asistiu este mediodía a unha demostración do proxecto CUBia, na finca que ten Finsa na aldea A Panda de Adá nas Pontes de García Rodríguez, un proxecto que conta cun orzamento de 1,25 millóns de euros e unha axuda pública de máis de 700.000 euros.
O obxectivo desta iniciativa innovadora é substituír o método de medición da madeira manual, que presenta limitacións a nivel de cobertura territorial, precisión e custo, por un sistema descentralizado, remoto e dixital, baseado na captura de datos mediante sensores avanzados aerotransportados en UAV ou terrestres procesados a través de intelixencia artificial e validados con datos reais de fábrica.
Este innovador sistema, en cuxo desenvolvemento participan as empresas galegas Enxeñería Forestal Asefor de Narón (líder), Finsa de Santiago de Compostela, Fortop Topografía de Lugo e Geomático de Vigo; e colaboran a Universidade de Vigo e o Instituto Tecnológico de Galicia (ITG), permitirá realizar unha cubicación forestal precisa, eficiente e que permita a rastrexabilidade, mellorando así a competitividade da industria madereira e a sustentabilidade dos recursos.
Carmen Cotelo destacou a contribución deste proxecto á modernización dun sector como o forestal, de grande relevancia para Galicia, e a importancia da colaboración entre empresas e centros de coñecemento para innovar e contribuír así ao progreso de Galicia. Por iso, a Xunta destinou 22,6 M€ para apoiar o desenvolvemento de 37 proxectos da convocatoria Nexos, con financiamento europeo a través dos fondos Feder 2021-2027.
Demostración do traballo de campo
Durante a xornada, os socios do proxecto realizaron unha presentación técnica ante os setenta asistentes e, posteriormente, fixeron unha demostración do traballo de campo coa tecnoloxía LIDAR, para finalizar coa exposición dos datos recollidos.
As empresas participantes apuntaron que esta iniciativa vén dar resposta a unha das necesidades da silvicultura moderna, que demanda información fiable, áxil e estandarizada. Así mesmo, sinalan que o proxecto se sitúa na vangarda da innovación forestal, ao combinar tecnoloxías de teledetección avanzada con intelixencia artificial para a estimación directa de peso e volume da madeira en pé.
Por último, o proxecto tamén investigará a aplicabilidade das tecnoloxías cuánticas na predición forestal, co apoio do centro tecnolóxico Instituto Tecnológico de Galicia.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



