A atención no municipio limitouse a tres días en xuño, catro en xullo e tres en agosto, obrigando unha poboación maior e dispersa a desprazarse á Fonsagrada ou acudir ao PAC
Negueira de Muñiz, 14 de setembro de 2026. O alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña, acusou este luns á Xunta de Galicia de “abandonar deliberadamente o municipio” ao manter o centro de saúde sen médico de familia dende hai catro anos. O rexedor considera que a rápida cobertura da vacante producida pola xubilación dun facultativo da Fonsagrada “desmonta as escusas do Partido Popular e demostra que Negueira non ten médico porque o PP non quere”.
Segundo explicou, Ricardo Parada, médico na Fonsagrada durante case 50 anos, xubilouse o pasado 26 de agosto e a incorporación dun novo facultativo ao centro de saúde fíxose efectiva o 7 de setembro. “En apenas dúas semanas foron capaces de cubrir esa vacante, mentres Negueira leva catro anos agardando. Xa non poden seguir mentindo nin alegando que non atopan profesionais. Cando queren cubrir unha praza, cúbrena; e a Negueira decidiron abandonala”, denunciou Braña.
O alcalde subliñou que a incorporación do novo facultativo “é unha boa noticia para a veciñanza da Fonsagrada”, pero advertiu de que “o PP non pode seguir discriminando a veciñanza de Negueira”. ”O Sergas xustifica a falta de cobertura pola escaseza de profesionais e polo reducido número de tarxetas adscritas actualmente ao centro de saúde do municipio”, explicou. Porén, Braña denuncia que “esa explicación non é certa, porque as tarxetas que anteriormente atendía o médico de Negueira foron trasladadas e repartidas entre facultativos da Fonsagrada”.
“Dinnos que cubriron a praza da Fonsagrada porque tiña arredor de 900 tarxetas e que Negueira só conta con 110, pero omiten que foi o propio Sergas quen trasladou as nosas tarxetas á Fonsagrada”, denunciou o alcalde, que considera que esta reorganización serviu para reducir artificialmente o número de pacientes asignados ao centro de saúde e xustificar despois a falta de cobertura da praza.
Braña incidiu en que a cobertura da vacante da Fonsagrada deixa ao descuberto “a falta de vontade política” do Goberno galego. “Durante catro anos repetíronnos que non daban atopado un médico. Agora comprobamos que unha vacante pode cubrirse en cuestión de días. O problema de Negueira non é a falta de profesionais, senón que o PP decidiu que o noso concello pode quedar sen médico”, afirmou.
Segundo explican as e os socialistas, na actualidade un facultativo da Fonsagrada debería desprazarse un día á semana ao centro de saúde de Negueira. Porén, a atención durante o verán limitouse a tres xornadas de consulta en xuño, catro en xullo e tres en agosto e para setembro están previstos tres días de consulta e para outubro, cinco.
O rexedor alertou das consecuencias para unha poboación maior, dispersa e con dificultades de mobilidade. “Os nosos veciños e veciñas non poden pedir cita médica no seu propio municipio e vense obrigados a desprazarse á Fonsagrada ou acudir ao PAC. Estamos falando de persoas maiores que precisan unha atención próxima e continuada. Non somos cidadáns de segunda nin temos menos dereitos por vivir no rural”, reivindicou.
Braña cualificou a situación como “un exemplo intolerable do abandono ao que a Xunta está sometendo o rural lucense” e esixiu unha resposta inmediata. “Despois de catro anos e á vista da rapidez coa que cubriron a vacante da Fonsagrada, non admitimos máis mentiras nin máis escusas. O PP ten que cubrir a praza médica de Negueira de Muñiz. A saúde e a dignidade da nosa veciñanza non son negociables”, concluíu.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



