Alfoz, 14 de setembro do 2026. O Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición das actividades deportivas dirixidas á poboación adulta, cunha oferta que combina propostas tradicionais con outras incorporadas nos últimos anos e que, tras a boa acollida, se consolidan na programación municipal, como pilates e pádel.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 15 ao 22 de setembro, podendo realizarse a través da sede electrónica ou de maneira presencial na oficina de rexistro do Concello. As prazas son limitadas.
A programación inclúe ximnasia de mantemento, ioga, aeróbic, pilates e pádel. A ximnasia de mantemento impartirase os martes e xoves, de 18:30 a 19:30 horas, no Pavillón Municipal; o ioga, os luns e mércores, de 19:30 a 20:30 horas, na Escola de Nenos de Adelán; e o aeróbic, os martes e xoves, de 19:30 a 20:30 horas, tamén no Pavillón Municipal.
Pilates continúa na oferta municipal tras a boa resposta das persoas participantes, con sesións os luns de 18:30 a 19:30 horas e os mércores de 20:30 a 21:30 horas na Escola de Nenos de Adelán. As persoas inscritas poderán escoller entre asistir un ou dous días á semana.
Tamén se consolida a actividade de pádel, que se desenvolverá os sábados pola tarde con grupos de iniciación e perfeccionamento. Haberá dous turnos por nivel: iniciación, de 16:00 a 17:00 e de 19:00 a 20:00 horas; e perfeccionamento, de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00 horas.
A continuidade desta actividade coincide coa recente mellora da pista municipal de pádel, na que o Concello investiu 11.936,37 euros —incluídos os honorarios— a través do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo. Entre as actuacións realizadas destaca a instalación de redes de protección nos laterais da pista, unha demanda das persoas usuarias que permite mellorar a comodidade e as condicións de uso.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, subliña que «queremos seguir mantendo unha oferta deportiva variada e accesible, ao tempo que consolidamos actividades como pilates e pádel, que tiveron unha boa resposta. No caso do pádel, facémolo ademais cunha instalación mellorada, atendendo ás demandas que nos trasladaban as propias persoas usuarias».
As inscricións poderán formalizarse do 15 ao 22 de setembro, a través da sede electrónica do Concello de Alfoz ou presencialmente na oficina de rexistro municipal.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



