A titular de Mar reclama unha asignación de, como mínimo, 7.290 M€ para a pesca e a acuicultura no próximo marco financeiro comunitario 2028-2034, coa aspiración de incrementar esta cifra
Ribeira (A Coruña), 11 de setembro de 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, apelou hoxe á unidade de acción entre o sector pesqueiro e as administracións para reforzar a posición de Galicia nos debates que determinarán o futuro da pesca europea. Durante a clausura da V Xornada Técnica de Pesca de Ribeira, organizada pola Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia-OPP83, a titular de Mar destacou que o complexo mar-industria afronta unha etapa “decisiva” marcada pola negociación do Marco Financeiro Plurianual 2028-2034 e pola futura reforma da Política Pesqueira Común.
Villaverde salientou que Galicia está afrontando ambos debates cun elevado grao de consenso entre a Administración autonómica e os profesionais do mar. Neste sentido, defendeu que, como principal rexión pesqueira de Europa, Bruxelas non pode facer “oídos xordos” ás demandas trasladadas desde Galicia.
Entre elas, a conselleira situou como prioridade que o próximo marco financeiro europeo manteña un fondo específico, xusto e suficiente para a pesca e a acuicultura. Así, Villaverde reiterou a reclamación galega dunha dotación de como mínimo 7.290 millóns de euros, en liña coa proposta formulada desde a Eurocámara, como punto de partida para a negociación. Recordou tamén que o Consello Galego de Pesca aprobou por unanimidade un ditame crítico coa proposta inicial da Comisión Europea e que a Xunta está desenvolvendo unha axenda de contactos nas institucións comunitarias para sumar apoios á posición de Galicia.
A responsable do Goberno galego puxo tamén especial énfase na necesidade de que a futura política pesqueira europea equilibre os tres piares da sustentabilidade. Tras recoñecer os avances realizados na protección dos recursos e do medio mariño, coa implicación e o esforzo dos propios profesionais, advertiu de que é preciso situar ao mesmo nivel os aspectos sociais e económicos.
Villaverde valorou especialmente que a xornada celebrada en Ribeira puxese o foco nalgúns dos desafíos que Galicia considera prioritarios para o futuro da frota. Entre eles, citou a necesidade de contar con fondos suficientes e accesibles para a súa renovación, reducir as cargas burocráticas, revisar as limitacións vinculadas á capacidade e ao arqueo dos buques, facilitar a cesión de capacidade dispoñible e impulsar financeira e tecnolóxicamente a descarbonización.
A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia-OPP83 conta cunha frota integrada por 17 buques, 10 de arrastre e 7 de cerco, que operan no caladoiro Cantábrico-Noroeste. A Consellería do Mar destinou preto de 1,3 millóns de euros á entidade a través dos distintos fondos pesqueiros europeos.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.


