Preto de 50 deportistas de diferentes puntos de España participarán nunha fin de semana na que tamén se celebrarán o Longboard Concello de Burela e o Campionato Galego de Longboard
Burela, 11 de setembro de 2026. Burela quenta motores para unha fin de semana na que o surf será o gran protagonista na praia da Marosa. Mañá, sábado 12 de setembro, dará comezo o Iberdrola Surfing Day Burela 2026, unha cita que durante dous días reunirá deporte, igualdade, participación, formación, sustentabilidade e divulgación arredor do surf.
A programación contará con preto de 50 deportistas procedentes de diferentes puntos de España e con nomes de referencia como Melania Suárez, campioa da Liga Pro 2025, e María Martín-Granizo, campioa do mundo de parasurfing. Tamén participarán Nicolás García Andrade, campión de Europa en 2025, e o seu irmán Martín García Andrade, campión do circuíto europeo en 2025.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca a oportunidade que supón para o municipio acoller esta cita, que chega á provincia de Lugo por primeira vez: “Esta fin de semana a praia da Marosa converterase nun punto de encontro arredor do deporte, da igualdade e do mar”.
A rexedora salienta tamén que o evento “é unha oportunidade para dar a coñecer o noso territorio, pero tamén para seguir consolidando A Mariña como un destino de referencia vinculado ao deporte e ao turismo sostible”.
Neste sentido, Carmela López subliña o papel do deporte como ferramenta para “xerar oportunidades e crear comunidade” e pon en valor especialmente a presenza do deporte feminino no programa, xa que “eventos coma este axudan a crear oportunidades, a eliminar barreiras e a dar visibilidade ás mulleres no deporte, contribuíndo tamén a crear novos referentes para as nenas e as novas xeracións”.
Unha fin de semana con deporte, formación e actividades ambientais
O Iberdrola Surfing Day Burela 2026 desenvolverá un amplo programa ao longo das dúas xornadas, coincidindo co Longboard Concello de Burela, terceira proba da Liga FESurfing de Longboard 2026, e co Campionato Galego de Longboard, que levarán ata A Marosa deportistas de diferentes categorías.
A xornada do sábado comezará ás 09:00 horas coa primeira chamada de competidores e o chequeo das condicións do mar, e a partir das 10:00 horas terá lugar unha master class de surf con Melania Suárez e María Martín-Granizo, acompañada de bautizos de surf a cargo do Burela Surf Club.
Ao longo da mañá abriranse tamén a zona comercial e os food trucks Fanego Errante e La Chingona, que permanecerán durante a xornada, mentres se desenvolverán os obradoiros de longskate de Aloha Escola & Skate Park. Ás 12:00 horas comezarán os trials do Burela Surf Club e, nese mesmo horario, Melania Suárez e María Martín-Granizo protagonizarán unha charla sobre experiencia e liderado feminino, acompañada dunha sinatura de autógrafos.
A partir das 13:00 horas terá lugar un encontro sobre o desenvolvemento territorial a través do turismo activo e o liderado, dentro do bloque dedicado á muller e ao deporte.
Pola tarde, a programación trasladará parte do protagonismo ao medio ambiente e á biodiversidade. Entre as 16:00 e as 18:00 horas desenvolverase o obradoiro Intermareal rocoso, dedicado á fauna e flora da contorna e a cargo de Mare Masma Multiaventura e Medioambiente. Haberá tamén novas quendas dos obradoiros de longskate de Aloha Escola & Skate Park.
Xa entre as 18:00 e as 19:30 horas, a praia da Marosa acollerá unha charla sobre biodiversidade e conservación da Mariña e a proxección da curtametraxe documental Baixo as augas da Mariña-Ortegal. A xornada do sábado pecharase cunha sesión DJ con Grande Osso, prevista entre as 19:30 e as 21:30 horas.
O domingo volverá comezar ás 09:00 horas coa primeira chamada de competidores e o chequeo das condicións do mar. Ás 09:30 horas está previsto o posible comezo da competición oficial de FESurfing, da Liga Nacional de Longboard e do Campionato Galego, sempre en función das condicións do mar.
Durante a mañá e a tarde continuarán as actividades abertas á participación. Entre as 10:00 e as 12:00 horas haberá bautizos de surf a cargo do Burela Surf Club, mentres que os obradoiros de longskate de Aloha Escola & Skate Park desenvolveranse tamén en diferentes quendas ao longo da xornada.
A zona comercial e os food trucks Fanego Errante e La Chingona volverán estar abertos o domingo, desde as 11:00 ata as 20:00 horas. Pola tarde, entre as 16:00 e as 18:00 horas, celebraranse novos bautizos de surf e, a continuación, entre as 16:30 e as 19:00 horas, desenvolveranse novas quendas dos obradoiros de longskate.
O programa do Iberdrola Surfing Day Burela 2026 chegará ao seu peche ás 20:00 horas do domingo.
As persoas interesadas en participar nos bautizos de surf poderán inscribirse directamente no recinto do Iberdrola Surfing Day durante os días de celebración do evento, ata completar o aforo máximo establecido para cada grupo. Para formalizar a inscrición será necesario cubrir a ficha correspondente. No caso das persoas menores de idade, será imprescindible presentar tamén a autorización do pai, nai ou representante legal, así como a correspondente autorización para a cesión e uso da imaxe.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.