Marta Villaverde destaca que o estudo técnico acredita que o sistema tradicional pedra-bola é respectuoso co medio e desmonta as medidas desproporcionadas do Regulamento 2022/1614 da Comisión Europea
Bruxelas (Bélxica), 9 de setembro de 2026. A Comisión Europea debe escoitar á ciencia, asumir a evidencia técnica e corrixir, de inmediato, as severas restricións aplicadas ao palangre de fondo tradicional. Así o esixiu hoxe a conselleira do Mar, Marta Villaverde, ao defender que o informe técnico ISPAMER demostra de xeito irrefutable o impacto case nulo desta modalidade sobre os Ecosistemas Mariños Vulnerables (EMV) e desmonta as hipóteses xenéricas coas que se vetaron 87 áreas do Atlántico nororiental sen atender á selectividade nin ás especificidades do tipo de arte denominado pedra-bola.
Villaverde trasladou esta demanda durante a súa intervención na sede do Parlamento Europeo, no marco da presentación dos resultados finais do proxecto ISPAMER (2023-2025), desenvolvido polo Centro Oceanográfico de Vigo do IEO-CSIC xunto á Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7) e cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). No acto, promovido xunto a Cepesca e Europêche, participaron a presidenta da Comisión de Pesca (PECH) da Eurocámara, Carmen Crespo, eurodeputados, científicos e representantes do sector pesqueiro.
A titular de Mar remarcou que o palangre pedra-bola non ten relación co arrastre, xa que alterna pesos e flotadores para manter a liña suspendida na columna de auga a máis de 70 metros do leito mariño, cunha superficie de contacto físico de só 1,87 m² por xornada. A monitorización de 6,36 millóns de anzois durante tres anos revelou unicamente dez fragmentos de especies vulnerables —0,0016 exemplares por cada mil anzois— e confirmou un 91,6 % de capturas de pescada con menos do 1 % de descartes.
A responsable autonómica lamentou que Bruxelas tomase decisións desproporcionadas baixo un déficit evidente de datos rigorosos, ignorando o severo impacto socioeconómico sobre vilas pesqueiras altamente dependentes deste tipo de pesqueira como Burela ou Celeiro, que rexistraron caídas de ata o 31 % nas descargas de pescada e do 39 % na facturación por barco.
Por todo iso, concluíu que as evidencias achegadas por ISPAMER son determinantes tanto para que a Comisión exclúa, de urxencia, a esta frota das prohibicións como para reforzar o recurso de casación que Galicia litiga xunto ao Estado ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE).


















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



