Burela, 9 de setembro, 2026. A Escola Imdecum Burela FS abrirá xornadas de portas abertas para a categoría Biberón entre o 14 e o 25 de setembro. O curso xa comezou tamén para a Escola Laranxa, que conta con máis de 160 nenos e nenas entre as categorías prebenxamín e xuvenil, que levan varias semanas adestrando. Co obxectivo de seguir medrando, o club organiza estas sesións abertas dirixidas aos máis pequenos.
As xornadas serán totalmente gratuítas e estarán dispoñibles para nenos e nenas nacidos en 2021 que se inscriban a través de CLUBER. No caso de que queden prazas libres, tamén poderán participar os nados en 2022.
Toda a información sobre a Escola 2026–27 pode consultarse na web do Reyco Burela FS: https://burelafs.org/gl/o-club/inscricion-base/. Ademais, o club pon á disposición das familias un grupo de WhatsApp para resolver dúbidas e recibir novidades: https://chat.whatsapp.com/HUHKx9DjT0aDxZqX8JQ0TX.





















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.


