Entre as participantes previstas no campionato figuran referentes como Melania Suárez, campioa da Liga Pro 2025 ou María Martín–Granizo, campioa do mundo de parasurfing
Lugo, 7 de setembro de 2026. A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación oficial do Iberdrola Surfing Day Burela 2026, unha iniciativa que converterá Burela os próximos 12 e 13 de setembro nun punto de encontro arredor do surf, o deporte feminino, a igualdade, a participación, a sustentabilidade e a vinculación coa Mariña lucense. Trátase dun evento que chega á provincia de Lugo por primeira vez, tras celebrase en Nigrán ou Gran Canaria e que reunirá tanto a estrelas do surf como afeccionados a este deporte.
A presentación tivo lugar na praia de A Marosa, e a mandataria provincial estivo acompañada polo Presidente da Federación Española de Surfing, Román Díez; o representante institucional en Galicia de Iberdrola, Francisco Silva, e o Presidente do Burela Surf Club, Iván Penelo.
Na súa intervención, a Presidenta destacou que “esta cita situará Burela e A Mariña no mapa do surf feminino no que a praia da Marosa converterase esta fin de semana nun punto de encontro arredor do deporte, da igualdade e do mar”. E engadiu que “é unha oportunidade para dar a coñecer o noso territorio, pero tamén para seguir consolidando A Mariña como un destino de referencia vinculado ao deporte e ao turismo sostible”.
“Desde a Deputación de Lugo e o Concello de Burela”, subliñou Carmela López, “somos moi conscientes de que o deporte é unha magnífica ferramenta para xerar oportunidades e crear comunidade. Por iso apoiamos iniciativas coma esta, porque teñen un importante impacto deportivo e social e contribúen tamén a poñer en valor o noso territorio”.
Do mesmo xeito, a igualdade é un dos eixos prioritarios da acción do Goberno provincial e está tamén presente no ámbito deportivo. “Eventos coma este axudan a crear oportunidades, a eliminar barreiras e a dar visibilidade ás mulleres no deporte, contribuíndo tamén a crear novos referentes para as nenas e as novas xeracións”, subliñou a Presidenta provincial e Alcaldesa de Burela.
Carmela López concluíu destacando o traballo do equipo organizador deste evento, así como o papel dos clubs de surf da Mariña e de todas as persoas que apostan pola práctica deportiva desde a base. “O Iberdrola Surfing Day é unha magnífica oportunidade para dar visibilidade ao deporte feminino, para crear referentes, para abrir novas oportunidades ás nenas e ás mozas e para seguir consolidando A Mariña como un territorio de referencia para o deporte e o turismo sostible”.
Preto de 50 deportistas de toda España
Está previsto que durante a fin de semana participen preto de 50 deportistas achegados de diferentes puntos de España. O evento contará con nomes de referencia como Nicolás García Andrade, campión de Europa en 2025, e o seu irmán Martín García Andrade, campión do circuíto europeo en 2025, o que reforza tamén o nivel deportivo da cita. Ademais, a competición reunirá deportistas habituais do circuíto nacional e con presenza en probas de ámbito internacional.
O Iberdrola Surfing Day convivirá durante a fin de semana co Longboard Concello de Burela, terceira proba da Liga FESurfing de Longboard 2026, e co Campionato Galego de Longboard. A competición levará ata A Marosa deportistas de diferentes categorías e permitirá combinar a vertente participativa e divulgativa do evento coa competición oficial.
Programación do evento
O Iberdrola Surfing Day presenta un programa deseñado para achegar o surf a públicos diversos e ofrecer un espazo de encontro no que, ao longo de toda a fin de semana, convivirán deporte, formación, divulgación, experiencias, actividades ambientais e competición. Ademais, o evento contará cunha actuación estelar do DJ Grande Osso, que terá lugar na xornada do sábado na tarde noite.
As persoas interesadas en participar nos bautizos de surf poderán inscribirse directamente no recinto do Iberdrola Surfing Day durante os días de celebración do evento, ata completar o aforo máximo establecido para cada grupo. Para formalizar a inscrición será necesario cubrir a ficha correspondente. No caso das persoas menores de idade, será imprescindible presentar tamén a autorización do pai, nai ou representante legal, así como a correspondente autorización para a cesión e uso da imaxe.
Sábado, 12 de setembro
09:00 h | Competición Primeira chamada de competidores e chequeo das condicións do mar.
10:00 – 11:00 h | Surf. Master class de surf con Melania Suárez e María Martín-Granizo, acompañada de bautizos de surf a cargo do Burela Surf Club.
11:00 – 22:00 h | Gastronomía e zona comercial. Apertura da zona comercial e dos food trucks Fanego Errante e La Chingona.
11:00 – 13:30 h | Longskate. Obradoiros de longskate a cargo de Aloha Escola & Skate Park, en dúas quendas.
12:00 h | Competición. Comezo dos trials do Burela Surf Club.
12:00 – 12:45 h | Deporte feminino. Experiencia e liderado feminino, unha charla e sinatura de autógrafos con Melania Suárez e María Martín-Granizo.
13:00 – 14:30 h | Muller e deporte. Encontro sobre o desenvolvemento territorial a través do turismo activo e o liderado.
16:00 – 18:00 h | Medio ambiente. Obradoiro Intermareal rocoso, dedicado á fauna e flora da contorna, a cargo de Mare Masma Multiaventura e Medioambiente.
16:30 – 19:00 h | Longskate. Novas quendas dos obradoiros de longskate de Aloha Escola & Skate Park.
18:00 – 19:30 h | Biodiversidade. Charla sobre biodiversidade e conservación da Mariña e proxección da curtametraxe documental Baixo as augas da Mariña-Ortegal.
19:30 – 21:30 h | Música. Sesión DJ con Grande Osso.
Domingo, 13 de setembro
09:00 h | Competición. Primeira chamada de competidores e chequeo das condicións do mar.
09:30 h | Competición oficial. Posible comezo da competición oficial de FESurfing, Liga Nacional de Longboard e Campionato Galego, en función das condicións do mar.
10:00 – 12:00 h | Surf para todos. Bautizos de surf a cargo do Burela Surf Club.
11:00 – 20:00 h | Gastronomía e zona comercial. Apertura dos stands da zona comercial e dos food trucks Fanego Errante e La Chingona.
11:00 – 13:30 h | Longskate. Obradoiros de longskate de Aloha Escola & Skate Park, en dúas quendas.
16:00 – 18:00 h | Surf para todos. Novos bautizos de surf a cargo do Burela Surf Club.
16:30 – 19:00 h | Longskate. Obradoiros de longskate de Aloha Escola & Skate Park, en dúas quendas.
20:00 h | Peche. Peche da xornada e do programa do Iberdrola Surfing Day.


















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.


