Burela, 8 de setembro, 2026. A Igrexa parroquial de Burela acollerá este sábado 12 de setembro os actos conmemorativos do 25 aniversario da fundación da comunidade das Fillas do Divino Celo – Rogacionistas en Burela.
A xornada comezará ás 12.00 cun acto institucional, no que participarán representantes da Xunta de Galicia, o Parlamento Galego, a Deputación provincial e diferentes concellos da Mariña Lucense, así como da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Durante o acto proxectarase un vídeo documental que recolle a evolución da entidade nestes últimos 25 anos, lembrando algúns momentos craves na súa chegada, a posta en marcha dos seus diferentes centros de menores ou de acollida e o crecemento e consolidación da súa Obra Social.
No mesmo acto tamén se fará a presentación oficial da recentemente constituída Fundación San Aníbal. A continuación, celebrarase unha Eucaristía de acción de grazas presidida polo bispo de Mondoñedo-Ferrol.
Desde as Fillas do Divino Celo esperan contar tamén coa asistencia de numerosos veciños, usuarios e familias de toda A Mariña que desde o ano 2001 tiveron relación coa súa actividade, xa sexa no labor pastoral parroquial da igrexa ou a través dos seus diferentes proxectos de servizos sociais.
A Obra Social das Fillas do Divino Celo nace a partir da fundación da comunidade en Burela no ano 2001. As irmás rogacionistas comezaron realizando un labor pastoral na parroquia, pero coa intención de poder desenvolver unha obra social vinculada á prestación de servizos sociais á infancia e a familia.
En 2002 crearon o seu primeiro centro de menores con 8 prazas. En 2007 construíuse o actual Centro Santo Aníbal, onde o seu centro de día conta hoxe xa con 30 prazas para menores. En 2008 abriron o Centro de Inclusión Social María Nazarena para acoller unidades familiares con menores ao seu cargo. En 2012 puxeron en marcha un fogar casa de familia de 8 prazas para menores en tutela, que implica unha atención continuada as 24 horas do día. En 2023 crearon unha vivenda de emancipación con 5 prazas dirixida a mozos de máis de 18 anos, dando continuidade a aqueles usuarios que saen do sistema de protección de menores. E xa en 2026 púxose en funcionamento un fogar de 12 prazas para menores estranxeiros non acompañados, ante a crecente necesidade de acoller a menores en todo o territorio nacional.
As Fillas do Divino Celo – Rogacionistas e a súa Obra Social levada cabo desde Burela son hoxe exemplo de traballo social e figura de referencia non só a nivel local, senón tamén para toda Galicia, así como na vida relixiosa da diocese de Mondoñedo-Ferrol e para o resto da súa congregación a nivel internacional.




















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


