O Valadouro, 3 de setembro 2026. O pleno celebrado este mércores no Concello do Valadouro volveu poñer de manifesto a falta de rigor e a actitude intolerante do Partido Popular, personificada no seu alcalde, José Manuel Lamela, que accedeu á alcaldía hai dous anos tras unha moción de censura, afirma o BNG.
A sesión incluía tres puntos principais:
A proposta da alcaldía para denominar o Paseo Fluvial de Ferreira como “Paseo dos Músicos do Val”.
A elección dos festivos locais para 2027.
A moción do BNG sobre o arranxo de camiños e a aplicación da Ordenanza Reguladora das Actividades Extractivas de Madeira.
Recoñecemento aos músicos do Valadouro e ao mestre represaliado Xosé Vizoso Vizoso
O BNG lembrou que xa en marzo de 2015 presentara unha moción para dedicar unha rúa ou o paseo fluvial a Xosé Vizoso Vizoso, mestre represaliado polo franquismo e coñecido como “O mestre do Condado”. Tamén se solicitara daquela colocar unha placa na Escola do Cadramón.
Vizoso foi perseguido polos falanxistas debido ás súas ideas republicanas e á súa militancia socialista, quedando inhabilitado para exercer a docencia e viéndose obrigado a exiliarse no Brasil.
Tras o recordatorio do BNG, a corporación decidiu deixar o asunto sobre a mesa para recuperar a documentación do pleno de 2015 e valorar un acordo que permita honrar a súa memoria. Eduardo Chao, portavoz nacionalista, destacou que ambas propostas —a dos músicos e a de Vizoso— son compatibles e necesarias, subliñando a importancia de preservar a memoria democrática.
O 9 de setembro será festivo local en 2027
A elección dos festivos locais xeraba expectación despois do malestar veciñal por non ser festivo este ano o 9 de setembro, tal como reclamaba o BNG. Finalmente, para 2027 establécese como festivo local esa data, xunto co martes de antroido.
Neste punto produciuse un novo enfrontamento entre o alcalde e os concelleiros nacionalistas, “cun ton impropio dun representante público”.
O PP négase a aplicar a ordenanza da madeira e a continuar o arranxo dos camiños
O estado dos viais do rural, deteriorados polo tránsito de maquinaria pesada das empresas madeireiras, preocupa á veciñanza. O BNG, explica, propuxo aplicar a Ordenanza Reguladora das Actividades Extractivas de Madeira, que obriga ás empresas a depositar unha fianza antes de iniciar os traballo
Tamén reclamou continuar o arranxo de camiños iniciado polo BNG cando estaba no goberno, como o vial de Pedrouzos ao Chaíño, executado na súa primeira fase con cargo ao Plan Deputación. O PP, porén, non deu continuidade ás obras. Outros viais en mal estado son os de Villares e o que vai de Teixeda a Coutemil.
Lamela expulsa ao portavoz do BNG e vota en contra de reparar os viais
Durante o debate, “o alcalde perdeu completamente as formas e expulsou ao portavoz nacionalista, sen causa obxectiva, cando este lle lembraba que os únicos viais arranxados polo actual goberno son os que o BNG deixou proxectados e licitados”.
Segundo Chao, “a Lamela non lle gusta recoñecer as verdades nin recuar cando se equivoca. Tivo que aceptar a nosa proposta do festivo local e deixar sobre a mesa o paseo fluvial por non traer a documentación preparada. Ao final perdeu os papeis e botoume fóra sen motivo. O máis grave é que votou en contra de continuar o arranxo dos camiños, algo que afecta directamente aos veciños”.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



