Ribadeo, 9 de outubro de 2026. Ribadeo acollerá a Gravel Rebels de ciclismo o vindeiro 24 de outubro. Está organizada por Galician Gravel Cycling, que conta coa colaboración do Concello.
A inscrición está aberta ata o día 23 e hai tres modalidades: Gravel Rebels track grande; solo menú picoteo acompañante + 1 extra; e Gravel Rebels track pequeno.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “os amantes do ciclismo teñen unha importante cita o vindeiro 24 de outubro en Ribadeo coa Gravel Rebels na que se darán cita un máximo de 60 participantes. O aforo destas convocatorias é moi limitado. As saídas fanse en varios grupos de forma escalonada”.
Os organizadores explicaron que “é unha modalidade recente que ten aspectos de aventura, integradora e inclusiva, que conectará Galicia con Asturias. Os participantes gozarán dunha ruta e dunha proposta diferente de coñecer un sitio e un terreo a través de rutas en gravel, con almorzo brunch, agasallados, dous tracks revisados e un menú picoteo ao remate nun ambiente relaxado”.











Este recordatorio está dirixido ás entidades que figuran como beneficiarias destas subvencións, co obxectivo de que poidan completar os trámites de xustificación dentro do período establecido. As asociacións deberán presentar a documentación correspondente de acordo coas condicións e requisitos aplicables ás subvencións concedidas. Desde o Concello de Viveiro lémbrase a importancia de revisar a documentación necesaria e realizar os trámites antes da finalización do prazo. A data límite para a xustificación destas subvencións é o domingo 15 de novembro de 2026.
Neste senso, ademais de abordar cuestións relacionadas coa xestión dos residuos municipais, o conselleiro lembroulle ao rexedor que a Xunta convoca cada ano axudas nesta materia e que inclúen, entre outras, liñas de apoio para mellorar a recollida separada dos biorresiduos e dos refugallos téxtiles, modernizar e mellorar os puntos limpos fixos e móbiles ou avanzar no camiño da dixitalización dos servizos municipais relacionados coa recollida do lixo de orixe doméstica.
O programa promoverá o intercambio cultural e artístico entre mulleres de Cabo Verde, Brasil, Portugal e Galiza a través do canto comunitario, con palestras, obradoiros e concertos guiados por recoñecidas artistas e investigadoras. Durante tres xornadas, o encontro abordará experiencias de canto colectivo, música tradicional e creación comunitaria, concluíndo cunha xuntanza aberta para impulsar a creación dun grupo de canto colectivo en Lugo.
Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable. Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea. 20.30 horas.
A cita fora adiada tras o accidente ferroviario rexistrado na provincia de Toledo e os días de loito oficial decretados. Nesta edición, o recoñecemento recaerá en María Elena Fernández Campoamor, veciña de Porto de Vega, pola súa destacada traxectoria na promoción cultural, o seu traballo vinculado á infancia e a súa contribución á recuperación e transmisión da historia e da memoria local. A homenaxeada foi elixida polo Consello Municipal da Muller e a proposta foi posteriormente ratificada polo Pleno do Concello. Co acto, Navia quere poñer en valor a achega das mulleres ao desenvolvemento social, cultural e comunitario do medio rural.
O pianista Xabier Boixet actuará o sábado 28 de novembro de 2026, ás 20:00, no Salón dos Pilares do Centro Cultural Santa Emilia, en Mondoñedo. O programa percorre a arquitectura de Bach e a Sonata op. 110 de Beethoven, continúa con El Polo de Albéniz e unha selección de Techno Etudes de Karen Tanaka, e culmina con Chopin: o Scherzo n.º 2 e seis Estudos op. 25. A velada está prevista ata as 22:30. A entrada custa 34,90 € e inclúe viño seleccionado, aperitivo e galletas Da Veiga. Información e reservas: 644 69 42 80. info@santaemilia.es
No acto participarán a súa irmá, Bea Caamaño, e a doutora en Filoloxía Galega, María Liñeira, nunha conversa que permitirá afondar na traxectoria da escritora e coñecer as súas diferentes facetas a través de dúas voces próximas a ela.



