Critica o rexeitamento do PP a moción sobre o canon da auga e que Salgueiro admita que non hai vivendas sociais dispoñibles nin prevé solicitalas
Xove, 7 de outubro de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Xove denuncia a falta de respostas do Goberno de Demetrio Salgueiro aos problemas que trasladou ao último pleno sobre a subministración de auga, a vivenda, as instalacións deportivas e os servizos de atención á veciñanza. A formación critica que o PP rexeitase a súa moción sobre o canon da auga e seguise recorrendo a anuncios e promesas para responder ás carencias do municipio.
As e os socialistas explican que o alcalde xustificou o voto contrario alegando que Xove achega uns 70.000 euros anuais polo canon e que a Xunta prevé investir 1,5 millóns. Lembran que a veciñanza paga este tributo desde 2012 e que a moción establecía un retorno mínimo aos concellos, sen limitar os investimentos adicionais.
A proposta reclamaba que polo menos o 50% da recadación revertese no municipio, un 30% se destinase á solidariedade territorial e un máximo do 20% aos custos do sistema autonómico, ademais de publicar anualmente o destino dos fondos. “Salgueiro ten que explicar por que se opón a un reparto con criterios obxectivos e a que saibamos onde van os cartos da veciñanza”, sinalan.
Ante a referencia do rexedor aos sete millóns destinados á depuradora, lembran que esta se executou durante o Goberno socialista de Emilio Pérez Touriño. Ademais, consideran que a actuación agora anunciada non resolverá “nin de lonxe” todos os problemas de subministración do municipio.
Outro dos asuntos abordados foi a vivenda. O PSdeG preguntou cantas vivendas sociais tiña o Concello dispoñibles e con que bases se adxudicaban. Segundo explica, Salgueiro respondeu que non hai ningunha e que tampouco prevé solicitalas. “Non ter vivendas sociais é unha gran carencia, pero non ter intención de solicitalas é unha decisión puramente política. O PP non pode desentenderse dun dos principais problemas actuais da cidadanía”, critica.
No ámbito da atención ás persoas maiores, a formación pediu información sobre o funcionamento e as tarifas do centro de día. O alcalde situou a apertura en novembro e indicou que os prezos os fixará COGAMI. As e os socialistas cuestionan esta resposta e reclaman que se concreten as condicións para as familias: “Externalizar a xestión non pode servir de escusa para desentenderse do servizo nin para deixar de dar explicacións”.
Tamén preguntaron polo estado da licitación do SAF, á que só se presentou unha empresa. O PSdeG reitera a súa defensa da xestión pública e critica que o executivo siga externalizando servizos malia contar con cinco dedicacións nun concello duns 3.200 habitantes.
En canto ás instalacións deportivas, solicitaron encargar un proxecto para un novo pavillón multiusos. Fronte á defensa do actual por parte do alcalde, denuncian a saturación, a pista de formigón e as bancadas deficientes. Consideran “claramente insuficiente” que Salgueiro diga que se fará outro sen concretar o compromiso.
O Grupo Municipal Socialista cuestiona tamén as sucesivas modificacións de crédito, que relaciona coa improvisación municipal, e reclama que a cesión dos dolos de Morás e do acceso a Portos de Galicia se traduza nas melloras prometidas desde 2007. “Queremos obras e prazos, non máis anuncios electorais”, esixe.
Finalmente, denuncia o ton intimidatorio empregado polo rexedor cara á voceira, Rogelia Mariña. “A Salgueiro pode molestarlle que lle pidamos explicacións, pero a súa obriga é responder. Seguiremos levando ao pleno os problemas da veciñanza cantas veces sexa necesario”, conclúen dende o PSdeG.






















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



