A sesión ordinaria celebrarase ás 19:30 horas e inclúe tamén asuntos relacionados co SAF, as subvencións nominativas ás comisións de festas e dúas mocións
Viveiro, 5 de outubro de 2026. O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación no Salón de Sesións da Casa Consistorial.
Entre os asuntos incluídos na orde do día figura a proposta para conceder a Medalla de Ouro da Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Viveiro á Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro. O Pleno abordará tamén a adhesión á Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores e a prórroga do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Na parte resolutiva someterase a votación unha modificación orzamentaria relativa ao anexo de subvencións nominativas de 2026 destinadas ás comisións de festas, así como dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Tamén se tratará unha proposta sobre a compatibilidade con actividade privada vinculada ao nomeamento como funcionario interino no departamento de Urbanismo.
A sesión inclúe dúas mocións. A primeira, presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular como grupo de goberno, propón instar á Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo a incluír nos Orzamentos de 2027 unha partida económica destinada á renovación do céspede artificial do campo de fútbol Marcos Gómez. A iniciativa parte da elevada utilización desta instalación municipal ao longo de todo o ano, especialmente por parte do fútbol base e de numerosos nenos, nenas e mozos do municipio.
Segundo recolle a moción, o estado actual do céspede, deteriorado polo paso do tempo e o intenso uso, fai necesaria a súa substitución para garantir que o campo continúe prestando un servizo axeitado á actividade deportiva local. O Concello xa trasladou esta necesidade á Deputación a comezos de 2026, solicitando colaboración para acometer a actuación. A moción busca reiterar formalmente esta petición e solicitar que se concrete nunha partida específica nos próximos orzamentos provinciais. Ademais, insta ao Departamento de Deportes da Deputación a valorar as necesidades das instalacións deportivas de Viveiro e a concretar o compromiso económico e administrativo antes da aprobación definitiva dos Orzamentos de 2027.
A segunda moción, presentada polo Grupo Municipal do BNG, propón a elaboración dun estudo sobre a situación do mercado residencial en Viveiro.
A orde do día completarase coa dación de conta das resolucións da Alcaldía e o apartado de rogos e preguntas.



















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



