O PP local esixe explicacións á rexedora do PSOE sobre as decisións adoptadas en relación a este cobro: “non estaba legalmente previsto e o seu pago durante 25 anos afectaría gravemente ás arcas municipais”
Vilalba, 1 de outubro de 2026. Senadores e deputados do PP lucense advertiron que “o Goberno de Sánchez pretende cobrar ao Concello de Vilalba durante 25 anos polas obras de saneamento na depuradora unha Tarifa de Utilización da Auga (TUA), taxa aprobada polo Goberno de España en maio do 2023, despois da sinatura do convenio entre o Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para acometer estas obras e que, polo tanto, non se debería aplicar neste caso”.
Os representantes das Cortes Xerais detectaron que “o Executivo ten aprobada esta liquidación para cobrar ao Concello de Vilalba neste 2026 máis de 48.000 euros neste concepto”. Nese sentido, os populares censuran “o afán recadador do Goberno de Sánchez” no que parece ser “o cobro aos vilalbeses para recuperar o diñeiro investido en financiado unhas obras no municipio”.
Dende o PP de Vilalba consideran “inconcibible” este cobro por parte do Goberno e esixen á alcaldesa explicacións sobre a decisión que pretende adoptar. “Se non estaba recollido ese pago no convenio nin estaba en vigor esa tarifa no momento da sinatura (11/02/2022), non procede ese cobro por parte do Goberno de España”.
Os populares sinalan, ademais, que se trata dunha cantidade importante que, de repetirse nos vindeiros anos, compromete as arcas municipais: “cada euro que o Concello teña que dirixir a pagar esta tarifa ao Estado, é un euro menos que dirixe a prestar servizos aos veciños ou realizar outras obras no municipio”.
Os parlamentarios do PP de Lugo entenden “a imposición desta tarifa por obras no ámbito do abastecemento e saneamento posteriores á aprobación da modificación do texto refundido da Lei de Augas operada a través do RD 4/2023, de 11 de maio; pero non para os convenios asinados anteriormente”.
UN IMPACTO DE 17M€ EN TODA A PROVINCIA
Os deputados e senadores estiman que o cobro durante 25 anos desta Tarifa pola Utilización da Auga por obras executadas ao abeiro de convenios asinados antes de maio do 2023 entre Concellos e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil se aproxima aos 17M€. E a estes habería que sumar o impacto por obras en Concellos baixo a xurisdición da Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
Os parlamentarios do Partido Popular por Lugo esixirán no Senado que o Goberno de Sánchez rectifique e paralice estas liquidacións retroactivas. “Se cando se asinou o convenio en 2022 non existía esa taxa nin figuraba no documento, non se lle pode xirar agora unha liquidación ao Concello de Vilalba e aos seus veciños para os vindeiros 25 anos”, concluíron.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.



