O período de inscrición para esta cita finaliza o xoves 8 de outubro
Barreiros, 1 de outubro de 2026. No día de onte, Barreiros acolleu a presentación dunha das probas estrela do outono deportivo na comarca, o Trail Monte Comado, que este ano cumpre dez edicións. Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero; e membros da entidade organizadora, a Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado.
Alcanzar unha década de vida converte nunha edición moi especial a esta proba, un fito que puxo en relevo a alcaldesa, Ana Ermida, quen destacou “o traballo constante das asociacións no esforzo por dinamizar Barreiros, desestacionalizar o turismo e promover o deporte. Chegar a dez edicións dunha carreira de montaña demostra a solidez dun proxecto que xa é todo un orgullo para o noso concello”. Pola súa banda, o concelleiro Dani García subliñou a importancia da colaboración entre colectivos e administracións para facer de Barreiros un auténtico referente comarcal no atletismo e nas carreiras populares a través do circuíto +KmsBarreiros.
Un circuíto exixente e de gran valor paisaxístico
A cita celebrarase o vindeiro sábado 10 de outubro, con saída e meta situadas a carón da igrexa e da pista de pádel en San Miguel de Reinante, dende onde as persoas participantes tomarán a saída ás 10:00 horas. O trazado constará dun único percorrido de aproximadamente 17 quilómetros e 1.000 metros de desnivel positivo, transcorrendo por sendeiros e camiños forestais que inclúen a subida do 1/2km Vertical ofrecendo así un reto deportivo único combinado esforzo con vistas excepcionais.
Inscricións abertas
A organización lembra que a participación está limitada a 150 deportistas e que o prazo de inscrición finaliza o vindeiro xoves 8 de outubro ás 23:59 horas. Toda a información detallada, regulamento e inscricións pódense atopar web www.maiskmsbarreiros.gal
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.


