Madrid, 28 de setembro, 2026. O senador socialista César Mogo afirmou que “o PP de Lugo leva ao Senado unha iniciativa para pedir ao Goberno de España que faga o que xa está a facer. O Goberno vai por diante da moción do PP”.
Segundo explicou, na súa carreira por obter visibilidade mediática, o PP de Lugo incorre repetidamente en incoherencias e contradicións. A última delas produciuse na Comisión de Pesca do Senado, onde os populares solicitaron ao Goberno que revise as restricións impostas en 2022 a 87 zonas do Atlántico nororiental e que calquera limitación se basee en datos científicos actualizados.
Mogo subliña que isto é exactamente o que o Executivo leva anos facendo, sen o apoio do PP. En 2022, o Goberno pediu a suspensión inmediata do Regulamento e, en outubro dese mesmo ano, conseguiu que as restricións non se aplicasen a profundidades inferiores aos 400 metros, o que permitiu manter a actividade da frota en 41 das 87 áreas afectadas. Ademais, continúa realizando xestións para que o Regulamento deixe de aplicarse.
As demandas do Goberno están sustentadas en traballos científicos de referencia. O proxecto ISPAMER, desenvolvido polo Instituto Español de Oceanografía, permitiu analizar o funcionamento do palangre de fondo coñecido como pedra-bóla, concluíndo que o seu impacto sobre os fondos mariños é escaso ou nulo. Esta evidencia científica permitiu ao Goberno esixir ás institucións europeas unha revisión do tratamento dado ao palangre.
Mogo lembra tamén que o Goberno de España interpuxo en 2022 un recurso de anulación contra o Regulamento e, en 2024, un recurso de casación ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Por todo isto, considera que “hai razóns máis que suficientes para non perder o tempo reclamando ao Goberno o que xa está a facer, e sempre por diante do PP”. Engade que “á frota non se a defende vendendo ficcións, senón apoiando ao Goberno do país cando está a facer todo o que pode para defender os intereses da xente do mar”.
Mogo conclúe que o PP volve equivocarse no Senado porque “non busca sumar esforzos co Goberno, senón confundir ao sector con propostas populistas e completamente inútiles”.




















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



