Lugo, 25 de setembro, 2026. As organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO veñen de convocar dúas xornadas de folga no siderometal e no comercio do metal da provincia de Lugo ante a falta de avances na negociación de ambos os convenios colectivos. Os paros desenvolveranse os días 14 e 21 de outubro e previamente está prevista unha concentración para o 1 de outubro, ás 13:00 horas, nas rotondas de acceso ao Polígono do Ceao.
Estas convocatorias responden ao mandato dado polas diferentes asembleas do persoal celebradas nas últimas semanas, que aprobaron iniciar un calendario de mobilizacións de non producírense avances substanciais na negociación colectiva.
“A reunión deste venres confirmou a escasa vontade da patronal para chegar a un acordo. De feito, a representación empresarial nin sequera trasladou unha proposta en materia salarial nin de redución de xornada, abordándose só as cuestións menos relevantes”, critica Afonso Losada, responsable da CIG-Industria de Lugo-A Mariña.
Pola súa banda, Carlos García, responsable de Industria de UGT en Lugo, sinala que a negociación vai con moito atraso e que, ante a falta de proposta no día de hoxe, non queda máis que a mobilización, estando dispostos a negociar ata o último momento.
Na mesma liña, José Luís López, representante de CCOO Industria de Lugo, valora moi negativamente a resposta da patronal do metal na xuntanza do día de hoxe, subliñando que a parte social “fixo un exercicio xeneroso de retirar ou minimizar as reivindicacións últimas ata uns mínimos xa difíciles de minorar máis, en aras de que fosen aceptados”. A pesar diso, critica que non foron quen de incrementar a súa ridícula oferta salarial e de xornada, “factores que abocan a cumprir os mandatos das últimas asembleas e a ir á mobilización”.
Así mesmo, valorouse de xeito moi negativo a incapacidade da patronal para achegar ningún tipo de proposta, mais aló de pequenos temas pero sen entregar novas propostas salariais nin de xornada e critícase a intención deliberada do empresariado de prolongar as negociacións. Neste senso, incídese en que o persoal do sector non está en disposición de agardar máis polos seus convenios, tendo en conta a perda constante de poder adquisitivo debido ao medre da carestía da vida, e a necesidade de actualizar non só os soldos, senón tamén as condicións laborais e sociais.
No tocante ás demandas da parte social, reivindícase subas do 7% por cada ano de vixencia do convenio e unha cláusula de revisión anual conforme ao IPC máis 1 punto para garantir así uns salarios que permitan unha vida digna e que se manteña a capacidade adquisitiva; reducir a xornada laboral un día por ano a partir de 2027; ampliar a cobertura nas baixas médicas; mellorar as licenzas; melloras na prevención e seguridade; ou medidas para combater a precariedade laboral que se está a instalar no sector.
O día 9 de outubro está fixada unha nova reunión da mesa de negociación e, de non producírense movementos significativos, as centrais sindicais fan un chamado ao conxunto do persoal do siderometal e comercio do metal para dar unha resposta contundente nas folgas do 14 e 21 de outubro, co firme convencemento de que só a través da loita se poderán lograr convenios dignos.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



