Eugenia Requeijo explica que “o servizo de Intervención municipal xa advertía destas presuntas irregularidades, pero o alcalde levantaba os seus reparos”
Muras, 24 de setembro de 2026. A portavoz do PP de Muras, Eugenia Requeijo, subliña que “ninguén debe estar por riba da lei” e, unha vez admitida a trámite a denuncia ao alcalde nacionalista, Manuel Requeijo, por presunta prevaricación administrativa asegura que “confía no traballo da Xustiza”.
A popular puxera en coñecemento do Xulgado de Vilalba o mantemento de pagos reiterados por parte do alcalde a gabinetes xurídicos por enriba do límite establecido para os contratos menores ao entender que “era unha irregularidade” como xa advertía o servizo de Intervención municipal “que o alcalde desoía”. De feito, “levantaba” os reparos para seguir permitindo durante anos unha facturación por riba do límite legal eludindo os controis propios da contratación pública e a libre concorrencia.
A contía alcanza un valor de máis de 387.000 euros dende o ano 2015, data na que accedeu á alcaldía do municipio. “É un gasto altísimo para un concello coma o noso que ten outras necesidades que non parecen ser unha prioridade para este alcalde”.
DIÑEIRO DOS VECIÑOS DE MURAS A EMPRESAS VINCULADAS AO BNG
Á vista de que, ademais, se trata do pago de facturas a empresas vinculadas ao BNG -dúas sociedades vinculadas entre si e a un deputado autonómico nacionalista-; a portavoz do Partido Popular considera que “non se pode tolerar” que “estea a desviar fondos públicos de todos os veciños e veciñas de Muras para empresas amigas do BNG”.
Eugenia Requeijo explica que “o noso labor é velar porque se xestionen ben os recursos do Concello” e cre que o alcalde debería “pensar máis no beneficio dos veciños e veciñas de Muras e non nos seus intereses propios ou do seu partido”.
A voceira do Partido Popular no municipio sinala, por exemplo, a importancia nestes momentos de seca de que o goberno local “faga as xestións oportunas para garantir o subministro de auga aos veciños e veciñas” porque “hai casos nos que se están quedando sen auga nos seus propios pozos”. Así mesmo, lamenta que, neste contexto, “non se corrixan as fugas de auga das que xa advertimos nos plenos do Concello”.
Nese sentido, afea que o rexedor nacionalista “non atenda as necesidades dos veciños e veciñas de Muras”. Outro exemplo son as vías municipais: “os desbroces nas estradas aínda comezaran fai uns días, despois de pasar todo o verán sen limpar”.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



