A sesión ordinaria deste xoves tamén tratará a actualización das taxas de auga e saneamento, o Plan Económico-Financeiro e varios proxectos para o municipio
Vilalba, 23 de setembro de 2026. O Concello de Vilalba celebrará este xoves, 24 de setembro, un pleno ordinario no que se abordarán diversos asuntos relacionados coa xestión económica municipal, a actualización de ordenanzas e varios proxectos para o municipio.
Entre os puntos da orde do día figura o Plan Económico-Financeiro de Vilalba para os exercicios 2026 e 2027, do que se dará conta no marco do cumprimento das regras fiscais. O Concello mantén unhas contas saneadas e débeda cero, polo que a presentación deste plan responde aos requisitos establecidos pola normativa de xestión económica.
A alcaldesa, Marta Rouco, subliña que este punto se trata desde unha situación económica sólida:
“Temos un Concello con débeda cero e unhas contas perfectamente saneadas. Cumprir coas regras fiscais e dar conta dos instrumentos que establece a normativa forma parte dunha xestión económica responsable e rigorosa.”
A sesión abordará tamén a actualización das taxas dos servizos de saneamento e subministración de auga, correspondente á revisión anual prevista no contrato coa empresa concesionaria. Este ano, a actualización será do 3,2%, conforme á evolución do IPC recollida no contrato.
Outro dos asuntos incluídos será a modificación da Ordenanza Fiscal número 5, relativa ao imposto de vehículos de tracción mecánica, para incorporar unha bonificación do 100% aos vehículos considerados históricos segundo a Dirección Xeral de Tráfico.
Sobre esta medida, Rouco destaca: “Levaba tempo sendo solicitada por diferentes colectivos e agora podemos convertela en realidade.”
A alcaldesa engade que é fundamental que as ordenanzas municipais “vaian dando resposta ás necesidades e ás demandas da veciñanza”, combinando actualizacións periódicas con novas medidas.
Na orde do día inclúense tamén asuntos de diferentes áreas do goberno municipal, como:
– Regulación do prezo público das inscricións na Escola Municipal de Teatro.
– O proxecto de reforzo do firme, mellora da drenaxe e sinalización dos accesos a Escourido, A Parrocha, Fraga, O Outeiro e Covo, na parroquia de Noche.
– O proxecto do Centro de Transformación do Mel na parroquia de San Simón.
– A modificación puntual número 9 das Normas Subsidiarias de Planeamento no lugar de A Parrocha, parroquia de Nete.
O pleno dará conta tamén da liquidación do exercicio 2025 tanto do Concello como do Organismo Autónomo Museo da Prehistoria e Arqueoloxía, elaborada conforme á normativa de contabilidade local.
Unha vez rematada a parte resolutiva, será a quenda das mocións, rogos e preguntas dos diferentes grupos da corporación municipal.



















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



