As actuacións incluirán a renovación do pavimento, a reorganización da calzada e ordenación de aparcadoiros, así como a creación dunha glorieta, pavimentación do firme e creación dunha glorieta nesta estrada autonómica
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2026. A Xunta adxudicou por preto de 640.000 euros (638.922,35€). ás actuacións de protección contra a contaminación acústica na estrada LU-862 ao paso polo concello de Viveiro, en Lugo.
Esta intervención, adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos y Obras, S.L.U., se enmarca no Plan de Acción contra a Contaminación Acústica que leva a cabo o departamento que dirixe M. Allegue, e se cofinanciará con fondos europeos FEDER.
En detalle, os traballos que se adxudicaron desenvolveranse en dous treitos da citada estrada autonómica ao paso polo núcleo urbano, que suman 1,5 quilómetros. O primeiro tramo arranca no punto quilométrico 83+650 e conta con 1,3km, mentres que o segundo no 86+170 é de 230 metros.
Deste xeito, abordarase unha mellora funcional, urbana e ambiental para acadar unha estrada máis silenciosa, ordenada e segura, co obxectivo de reducir as emisións e mellorar as condicións da estrada e a súa integración nesta zona urbana.
As actuacións incluirán a renovación do pavimento, a reorganización da calzada e ordenación de aparcadoiros, así como a creación dunha glorieta. Así mesmo, reducirase a velocidade a 40km/h para calmar o tráfico e mellorarase a sinalización.
Tras a sinatura deste contrato deberase subscribir a acta de comprobación e replanteo previo inicio das obras. Os traballos terán un prazo de execución de 12 meses.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



