Antonio Ameijide confirmou que “estudaremos todas as accións posibles de forma conxunta cos veciños e concellos para defender aos usuarios da rede provincial e ás súas familias”
Lugo, 17 de setembro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular mantiveron unha reunión cos representantes do Partido Popular dos municipios que contan cunha residencia da rede provincial da Deputación de Lugo co obxectivo de analizar o impacto da “desmesurada suba” das tarifas por parte de PSOE e BNG e coordinar unha resposta conxunta ante unha medida que está a provocar unha importante preocupación entre usuarios, familiares e veciñanza.
Durante o encontro, o voceiro provincial, Antonio Ameijide, deu conta do crecente malestar que existe nos municipios pola repercusión que terá este incremento sobre as persoas maiores e as súas familias. “As numerosas queixas recibidas nas últimas semanas evidencian que a decisión adoptada polo goberno provincial de PSOE e BNG non responde á realidade económica da provincia de Lugo”, afirmou.
Antonio Ameijide lembra que a actualización das tarifas supón un incremento de arredor do 60%, pasando os usuarios autónomos de aboar 1.080€/mes a 1.750€/mes, mentres que os usuarios dependentes deberán facer fronte a un custo de 2.200€/mes fronte aos 1.390€/mes que viñan pagando ata o de agora.
“Trátase dun incremento absolutamente desproporcionado e inasumible para moitas familias lucenses, especialmente nun territorio cunha poboación moi envellecida e cun nivel de pensións que figura entre os máis baixos de Galicia”, recordou.
Os deputados do Grupo Provincial Popular acordaron cos representantes populares de cada municipio coordinar unha estratexia común para impulsar distintas iniciativas encamiñadas a reclamar unha revisión inmediata das tarifas e a apertura dun proceso de diálogo que permita establecer uns prezos máis xustos e acordes coa capacidade económica das persoas usuarias.
Os populares subliñan que a finalidade da rede provincial de residencias debe ser garantir unha atención de calidade e facilitar o acceso aos maiores que precisan deste servizo, non dificultalo mediante incrementos que poñen en risco a economía de moitas familias.
Os deputados do Grupo Provincial Popular promoverán todas as iniciativas institucionais e políticas ao seu alcance para conseguir que a Deputación rectifique esta decisión e rebaixe unhas tarifas que consideran inasumibles para moitas familias lucenses.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



