Ribadeo, 17 de setembro de 2026. Ribadeo participa hoxe en Zamora no Foro Nacional de Intelixencia Artificial e Accesibilidade Universal.
O alcalde, Dani Vega, contou que “o Concello de Ribadeo participa en Zamora no Foro Nacional de Intelixencia Artificial e Accesibilidade Universal. Estamos a falar de temas onde queremos poñer en valor e centrarnos na persoa. Neste caso a intelixencia artificial e o que veñen sendo todos os dereitos, garantías e toda a regulación que está habendo”.
O rexedor subliñou que “nesta mesa sacamos varias conclusións, unha delas eu creo que é que hai que vivir na realidade, nesta realidade da IA e aquí pensar que debemos modernizar a administración, sobre todo a administración local, tamén reivindicar presuposto ás administracións, tanto á autonómica como á Deputación Provincial, e ten que haber formación. E eu creo que ten que haber ese proceso de adaptación dos técnicos municipais e vivir nesa realidade, nesa conexión coa intelixencia artificial”.
Vega seguiu a relatar que “estamos falando tamén de dereitos das persoas, que a intelixencia artificial non debe substituír á persoa e tamén ten que existir unha regulación. Nesta mesa, que moderou e coordinou Ribadeo, sacamos estas conclusións. Tamén é verdade que puxemos exemplos prácticos nos que o Concello de Ribadeo está traballando, na contratación coa asociación Down de Lugo dunha persoa en alcaldía, polo tanto un exemplo claro, onde as oportunidades para todas as persoas son claras e pensando na integración. E tamén na accesibilidade á praia dos Bloques da man de Cruz Roja, proxecto financiado pola Xunta de Galicia e no Concello de Ribadeo tivemos esta praia accesible con sillas anfíbias, muletas e todo o material que permitiu que todas as persoas disfrutaran da praia dos Bolques e non só quedándonos na parte do equipamento, senón poñéndolle unha persoa de acompañamento para, eu creo que, axudar e facilitar que esa persoa disfrutara da praia dos Bloques”.
O alcalde ribadense anunciou que “vamos seguir traballando noutros areais e creo que a Federación Española de Municipios e Provincias na que estamos integrados, fixouse en Ribadeo, no que está facendo na accesibilidade nas rúas, na accesibilidade nas praias, no modelo de integración na contratación de persoas con síndrome de down e tamén no que vén sendo na modernización da administración. Polo tanto, digamos claro todo o que fixemos durante estes anos, vamos a seguir traballando”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



