Lugo, 17 de setembro 2026. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis co proxecto de intercambio cultural a través do teatro Camiño Escena Norte, que programa representacións de 18 compañías de Galiza, Asturias, Cantabria, Euskadi, Nafarroa e La Rioja polo norte peninsular.
O apoio da área de Cultura ao proxecto trae este ciclo teatral, titulado Itinerario Constelacións, a escenarios lucenses. A Sala Bahía, a Casa da Cultura de Sarria, o Auditorio Gustavo Freire de Lugo e o Auditorio Hernán Naval de Ribadeo acollerán cadansúa representación, entre o 26 de setembro e o 25 de outubro.
Nueve Lunas Teatro, da Rioxa, levará a Foz e Sarria Juana I de Castilla, unha peza que aborda con humor, música e ironía a violencia sufrida polas mulleres e a saúde mental. En Lugo, a compañía asturiana Saltantes presentará La balada del norte, adaptación escénica da novela gráfica de Alfonso Zapico arredor da memoria e do conflito de clases durante a revolución de 1934. Ribadeo acollerá dúas función do espectáculo de ilusionismo inmersivo 3 elementos da compañía navarra Hodei.
A deputada de Cultura Iria Castro e a dramaturga, directora e narradora Carmen Conde presentaron no Pazo de San Marcos o calendario lucense deste proxecto cultural promovido por asociacións teatrais das seis comunidades, que valoraron “a oportunidade que este proxecto teatral ofrece as compañías e ao público, que pode ver preto da casa algúns dos mellores espectáculos escénicos do momento”
A colaboración con Camiño Escena Norte amplia a aposta da Vicepresidencia da Deputación de Lugo por impulsar a presenza do teatro nas programacións culturais de concellos e asociacións con iniciativas propias como os ciclos de teatro profesional e afeccionado, que implica máis de 50 compañías e grupos teatrais amadores da provincia.
Itinerario Constelacións. Representacións na provincia:
26 de setembro en Foz
Juana I de Castilla. Nueve Lunas Teatro (La Rioja)
Sala Bahía, 19.30 horas.
27 de setembro en Sarria
Juana I de Castilla. Nueve Lunas Teatro (La Rioja)
Casa da Cultura. 20.00 horas.
17 de outubro en Lugo
Auditorio Municipal Gustavo Freire, 20.30 horas
La Balada del Norte. Saltantes (Asturies)
25 de outubro en Ribadeo,
Auditorio Hernán Naval, 19.30 e 20.30 horas.
3 elementos – Una experiencia Mágica Inmersiva 360 º. Cía Mago Hodei (Nafarroa)





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



