A liga Nacional FESurfing de Longboard pechou o Iberdrola Surfing Day Burela 2026 coas vitorias de Demartini e Ramakers en Open, Ramón Pérez en Master e Grand Master e Martín García en Sub18
Lugo, 13 de setembro de 2026. A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, e a deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participaron este domingo na entrega de premios das finais da terceira proba da liga Nacional FESurfing de Longoboard 2026. Unha cita que puxo o peche deportivo a unha fin de semana na que o surfing compartiu espazo con outros deportes e actividades como obradoiros de medio ambiente, charlas de liderado feminino ou actuacións musicais.
Mia Ramakers, en Open Feminino; Alessandro Demartini, en Open Masculino; Ramón Pérez, en Master e Grand Master masculino; e Martín García, en Sub18 masculino, foron os vencedores dunha xornada que reuniu na Marosa a diferentes xeracións de longboarders.
Carmela López felicitou a todos os deportistas que participaron na competición e lembrou que o Iberdrola Surfing Day foi unha oportunidade “única para A Mariña, para Burela e para todo o conxunto da provincia”. Así mesmo, puxo en valor a capacidade deste tipo de eventos para “amosar todo o que a nosa costa pode ofrecer” e destacou o compromiso, da Deputación e do Concello, co apoio a iniciativas que combinan deporte, participación e promoción do territorio.
O bo ambiente acompañou durante todo o domingo á competición e ás actividades desenvolvidas ao redor dela. Deportistas, familiares, organización, afeccionados e público compartiron un gran día de surfing xunto ao mar, completando unha fin de semana que permitiu tamén gozar de Burela, da Mariña lucense e da acollida da súa xente.
Un recoñecemento aos primeiros pasos do surfing na Marosa
A xornada deixou tamén espazo para mirar cara á historia do surfing local. Francisco Javier Caloca, competidor local, foi o vencedor dos trials organizados polo Burela Surf Club e recibiu unha mención especial durante a xornada.
O club quixo recoñecer ademais a Miguelón e ao propio Fran, dúas das persoas vinculadas aos primeiros anos do surfing na Marosa e a unha xeración que comezou a entrar á auga cando esta práctica apenas tiña presenza na zona. Iván Penelo Dourado, presidente do Burela Surf Club, lembrou ese percorrido cunhas palabras dirixidas a ambos: “Hoxe queremos parar un momento para dar as grazas a dúas persoas que forman parte da historia do surf na Marosa: Miguelón e Fran. Grazas por ensinarnos o que era ou surf, por metervos na auga cando practicamente ninguén ou facía e por demostrar que na Marosa tamén había ondas, había surf e, sobre todo, había unha forma diferente de vivir o mar”.
Un recoñecemento que permitiu conectar a competición nacional celebrada este domingo con quen comezou, anos atrás, a construír unha comunidade ao redor das ondas da Marosa.
Mia Ramakers lévase o Open Feminino
En Longboard Open Femenino, a vitoria correspondeu a Mia Ramakers (Canarias), que terminou a final con 7,33 puntos. A segunda posición foi para Daniela Sevillano (Asturias), con 5,80 puntos, seguida por Quenia López (Asturias), terceira con 5,50. Melisa Somsaen (Galicia) completou o podio en cuarta posición con 3,06 puntos.
Clasificación Longboard Open Femenino:
1. Mia Ramakers — Canarias — 7,33 puntos
2. Daniela Sevillano — Asturias — 5,80 puntos
3. Quenia López — Asturias — 5,50 puntos
4. Melisa Somsaen — Galicia — 3,06 puntos Dobrete de Ramón Pérez en Master e Grand Master
A final de Longboard Open Masculino terminou coa vitoria de Alessandro Demartini (Cantabria), que alcanzou unha puntuación de 14,33. Martín García (Asturias) foi segundo con 13,90 puntos, mentres que Nicolás García (Asturias) ocupou a terceira posición con 12,03. Iker Arun Canton (Cantabria) completou o podio en cuarta posición con 3,97 puntos.
Clasificación Longboard Open Masculino:
1. Alessandro Demartini — Cantabria — 14,33 puntos
2. Martín García — Asturias — 13,90 puntos
3. Nicolás García — Asturias — 12,03 puntos
4. Iker Arun Canton — Cantabria — 3,97 puntos Mia Ramakers gaña o Open Femenino
Ramón Pérez (Galicia) asinou dúas vitorias na Marosa ao impoñerse tanto en Longboard
Master masculino como en Grand Master masculino. En Master, o deportista galego conseguiu 10,36 puntos, por diante de Fernando Pérez (Asturias), segundo con 9,54; Tony Araya García (Cataluña), terceiro con 5,30; e Daniel García Marcos (Asturias), cuarto con 3,77.
Clasificación Longboard Master Masculino:
1. Ramón Pérez — Galicia — 10,36 puntos
2. Fernando Pérez — Asturias — 9,54 puntos
3. Tony Araya García — Cataluña — 5,30 puntos
4. Daniel García Marcos — Asturias — 3,77 puntos
Ramón Pérez volveu ocupar a primeira posición en Grand Master, esta vez con 10,83 puntos. Tony Araya (Cataluña) foi segundo con 6,16 e Daniel García Marcos (Asturias), terceiro con 2,67. Esteban Canton (Cantabria) figurou en cuarta posición tras non tomar a saída.
Clasificación Longboard Grand Master Masculino:
1. Ramón Pérez — Galicia — 10,83 puntos
2. Tony Araya — Cataluña — 6,16 puntos
3. Daniel García Marcos — Asturias — 2,67 puntos
4. Esteban Canton — Cantabria — DNS (non tomou a saída) Martín García imponse en Sub18
A categoría Longboard Sub18 masculino terminou coa vitoria para Martín García (Asturias), que sumou 8,17 puntos. Mia Ramakers (Canarias) engadiu á súa vitoria en Open Femenino unha segunda posición nesta categoría, con 4,70 puntos. Guillermo Sánchez (Andalucía) non tomou a saída.
Clasificación Longboard Sub18 Masculino
1. Martín García — Asturias — 8,17 puntos
2. Mia Ramakers — Canarias — 4,70 puntos
3. Guillermo Sánchez — Andalucía — DNS (non tomou a saída)
Burela despide unha fin de semana ao redor do surfing
Na cerimonia de entrega de premios Carmela López e Marisol Morandeira estiveron acompañadas por Carlos Méndez, concelleiro de Deportes de Burela; Román Dez, presidente da Federación Española de Surfing; e María de los Ángeles Alonso Blanco, coordinadora da área de Igualdade, Muller e Deporte da Federación Española de Surfing.
A entrega puxo o peche a dous días nos que A Marosa acolleu competición, bautismos de surf, longskate, encontros sobre muller e deporte, actividades medioambientais, divulgación e diferentes espazos para achegarse ao surfing desde perspectivas distintas.
A celebración contou co apoio de Iberdrola, a Deputación de Lugo, o Concello de Burela e Loterías e Apostas do Estado, xunto á implicación do Burela Surf Club e a colaboración de EQ Love e Ocean & Earth.
O domingo termina con novos nomes no palmarés da liga Nacional e con moitas horas compartidas ao redor do océano. Un gran día de longboard para pechar o Iberdrola Surfing Day Burela 2026 e unha fin de semana de surfing compartido na Marosa, Burela e A Mariña lucense.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.


