O Concello acondicionou nos últimos días diferentes elementos do centro e o 14 de setembro porá en marcha os programas de conciliación
Trabada, 9 de setembro de 2026. O colexio de Trabada inicia un novo curso escolar despois de que o Concello realizase nos últimos días diferentes traballos de mantemento e mellora das súas instalacións.
As intervencións levadas a cabo incluíron a mellora das portas de entrada ao centro, a substitución de cristais das fiestras e a reparación das persianas.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destaca “o importante esforzo que realizamos desde o Concello para coidar as instalacións do colexio e mantelas nas mellores condicións posibles para os nenos e nenas”.
Coincidindo co inicio do novo curso, o Concello reforza tamén os recursos dirixidos ás familias. O vindeiro luns, 14 de setembro, comezarán os programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns.
O servizo de Madrugadores desenvolverase de 8:00 a 9:30 horas, mentres que Ludiseráns funcionará de 15:30 a 19:00 horas.
Nas próximas semanas está previsto tamén o inicio do servizo do Punto de Atención á Infancia (PAI), ampliando os recursos dispoñibles para facilitar a conciliación e apoiar ás familias de Trabada.
O Concello continuará traballando tanto no mantemento das instalacións educativas como na prestación de servizos de proximidade que respondan ás necesidades das familias.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



