Abades e Balseiro esixirán explicacións no Congreso e no Senado e demandan unha rectificación ao Goberno de Sánchez: “Se unha taxa non estaba prevista no convenio orixinal, non se lle pode inventar agora un imposto aos Concellos para o próximo cuarto de século”
Lugo, 5 de setembro de 2026. O Partido Popular de Lugo eleva o alcance da denuncia realizada sobre os plans do Goberno de Sánchez para “facer caixa a costa dos municipios lucenses” a través da imposición retroactiva da Tarifa de Utilización da Auga (TUA).
Trala análise detallada dos convenios asinados antes de maio de 2023 con entidades locais para obras de abastecemento, saneamento e depuración, os populares calculan que o importe total que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pretende cobrar ás arcas municipais da provincia roza os 17 millóns de euros ao longo dos 25 anos nos que pretende estender esta liquidación.
A deputada no Congreso, Cristina Abades, e o senador, José Manuel Balseiro, lembran que estes pagamentos derivan de convenios previos á aprobación da norma de maio de 2023 sobre recuperación de custes.
Trátase de acordos nos que os municipios xa asumiran a súa parte correspondente e nos que “en ningún momento se informara nin se recollera a obriga de pagar unha taxa periódica durante o próximo cuarto de século”.
Á ESPERA DOS DATOS DO CANTÁBRICO
Os representantes lucenses no Congreso e no Senado destacan que esta estimación de 17 millóns de euros refírese unicamente aos Concellos afectados pola conca do Miño-Sil. A esta cantidade haberá que engadirlle o impacto económico correspondente ás obras executadas na zona norte da provincia, pendentes do desglose e liquidacións que traslade a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
“Estamos ante un sablazo fiscal sen precedentes para as arcas locais. Reclamar aos concellos unha factura global que roza os 17 millóns de euros por obras xa executadas e con convenios pechados é cambiar as regras do xogo pola porta de atrás e asfixiar o orzamento municipal, impedindo aos alcaldes investir eses recursos nas necesidades reais dos seus veciños”, subliñaron.
OFENSIVA PARLAMENTARIA E RECTIFICACIÓN
Dende o Partido Popular esixiran no Congreso e no Senado a paralización destas liquidacións e a aclaración dos criterios técnicos e xurídicos empregados para estender estes cobros a convenios antigos.
“Unha Administración pública ten que ser seria. Se cando se asinou o convenio e se executou a obra non existía esta taxa, o Goberno non pode inventar agora unha factura a posteriori. O Goberno de España ten que rectificar, respectar o asinado e non facer pagar aos veciños de Lugo a súa voracidade recadatoria”, concluíron.


















A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.


