O departamento autonómico acadou un 80 % en compromisos firmes de gasto nun exercicio onde máis do 85 % dos investimentos de capital estiveron cofinanciados con fondos da Unión Europea
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026. A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, respondeu na Comisión 8ª do Parlamento de Galicia a unha pregunta sobre a execución dos orzamentos do departamento autonómico no exercicio 2025, destacando a solvencia e rigor na xestión dos fondos estruturais europeos. Barreiro salientou que a comunidade superou con éxito o primeiro grande exame financeiro do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA 2021-2027) ao certificar 64,53 millóns de euros ante a Comisión Europea, acadando un grao de cumprimento do 104,31 % sobre a meta fixada pola regra n+3.
Durante a súa intervención, a responsable autonómica lembrou que o orzamento inicial de gastos de 2025 ascendeu a 220,7 millóns de euros, dos cales o 67 % estivo directamente vinculado ao programa FEMPA —sumando a achega europea e o 30 % de cofinanciamento da Xunta—, unha proporción que se elevou ata o 85,78 % no caso das partidas destinadas a investimentos e subvencións de capital. Neste sentido, remarcou que os fondos europeos non executados nunha única anualidade non se perden, senón que se reincorporan aos exercicios seguintes dentro do marco financeiro global de 366,19 millóns asignado a Galicia ata o ano 2029.
A secretaria xeral técnica detallou que a execución en fase de obrigas recoñecidas situouse no 67,5 %, mentres que o nivel de compromisos firmes de gasto con terceiros alcanzou o 80 % do crédito inicial. Barreiro explicou que a marxe restante responde, principalmente, á complexidade administrativa das axudas de capital, suxeitas aos prazos de xustificación dos investimentos por parte dos beneficiarios, emendas documentais ou solicitudes de prórroga. Por último, subliñou que a Xunta pon á disposición do complexo mar-industria todo o crédito dispoñible desde o inicio de cada ano, garantindo un ritmo de xestión eficaz e positivo de cara ao cumprimento dos obxectivos de 2026.


















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



