Os concelleiros do PP advirten das “continuas irregularidades” que, neste caso, se relacionan con 14.000 euros do total que non se axustan ao contratado nin se pode comprobar que se prestara ese servizo
Burela, 18 de outubro de 2026. O último Pleno extraordinario urxente celebrado no Concello evidenciou “a pura e simple improvisación na xestión” por parte da alcaldesa socialista, a señora López Moreno, que xa é “a súa sinal de identidade”.
Os concelleiros do Partido Popular censuran “as continuas irregularidades” na xestión económica e contable do goberno de PSOE e BNG en Burela. Nesta ocasión, en relación ao pagamento dunha factura de 70.000 euros presentada en xaneiro que, nove meses despois, estaba sen abonar porque o goberno local non tiña prevista consignación orzamentaria e, ademais, uns 14.000 euros do total non se axustaban ao contratado nin había forma de comprobar que se prestara ese servizo e, polo tanto, de xustificar ese gasto para o Concello.
Os populares explican que “a convocatoria deste Pleno extraordinario urxente era para aprobar un novo recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 70.000 euros para abonar unha factura que presentaba irregularidades, como recolle o informe do departamento de Intervención”.
Toda vez que as facturas rexistradas nunha administración, neste caso na local, deben ser abonadas nun prazo de 60 días; a empresa xa recibiría moi tarde o pago polo seu traballo. Por iso, aprobouse o pago porque “as empresas que prestan servizo ao Concello de Burela teñen que cobrar. Iso si, en tempo e forma”, segundo sosteñen dende o Partido Popular, “algo ao que non está habituada a señora López Moreno e o seu goberno”.






















A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.



