Os orzamentos tamén garantirán o incremento retributivo dos profesionais do Servizo Galego de Saúde e manterán a dotación necesaria para a prestación farmacéutica e ortoprotésica de toda a poboación lucense
Lugo, 19 de outubro de 2026. A Xunta de Galicia destinará unha partida de 746,8 millóns de euros á área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos nos orzamentos de 2027, co obxectivo de seguir a reforzar a calidade asistencial na provincia lucense.
A cifra supón un incremento do 6,5 % respecto do pasado ano, e permitirá seguir avanzar na mellora das infraestruturas sanitarias, así como na dotación do seu equipamento.
En concreto, no apartado de grandes infraestruturas hospitalarias, destacan os 12,3 M € que se destinará os desenvolvemento das obras do Plan Director do Hospital Público Comarcal da Mariña e os 800.000 para o Plan Director do Hospital Público Comarcal de Monforte de Lemos.
No que atinxe á adquisición de equipamentos de alta tecnoloxía, destacan o 1,6 M€ cos que se completará a segunda fase da instalación dun acelerador lineal no Hospital Universitario Lucus Augusti.
As contas públicas para o vindeiro ano tamén recollen partidas económicas para a construción e reforma das infraestruturas de atención primaria. Neste apartado, inclúense partidas específicas para a construción do centro de saúde de antas de Ulla 1,5 M €, un montante de 870.000 € para rematar a reforma integral do centro de saúde da Milagrosa, en Lugo, e 200.000 € para a reforma do centro de saúde de Outeiro de Rei.
Así mesmo, dótase o crédito necesario para iniciar as actuacións de novos centros de saúde, como é o caso do de Becerreá, con 770.000 € e do de Pantón, ao que se destinarán 500.000 €. Ademais, consígnanse as partidas para licitar os proxectos do centro de saúde de Ribadeo, 600.000 €, e do barrio o do Sagrado Corazón de Lugo 600.000 €, en canto a Xunta dispoña dos terreos necesarios para a súa construción.
Tal e como acontece nas restantes áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde, os orzamentos garantirán o incremento retributivo dos profesionais da sanidade pública e manterán a dotación necesaria para a prestación farmacéutica e ortoprotésica de toda a poboación da área sanitaria.


















O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.



