Coñecín a Xosé Manuel Beiras, cando Anxo Pérez, Mercedes Buño e eu, estudantes do IES Alfredo Brañas, de Carballo, acompañados por Ramón Tasende, da Libraría Brañas, que nos levou até a Facultade de Económicas en Santiago, lle fixemos unha entrevista para a revista do Instituto. Que bo xornalista estaba nacendo no maxín de Anxo Pérez! Que excelente filóloga, e mente viva a de Mercedes Buño; pola miña banda, pouco a pouco ía agromando a miña inquedanza pola filosofía.
Que grande oportunidade para os tres podermos gozar, sendo aínda uns estudantes de 3º de BUP (corrixídeme Anxo e Mercedes se me equivoco e era 2º), de escoitarmos ao profesor falándonos de economía, de historia, de política… Dita experiencia continuou máis tarde cando nos achegamos a Malpica para celebrarmos un curso tan intenso e o propio Beiras accedeu ao noso convite: que mellor maneira que unhas sardiñas de Malpica para coroar curso tan satisfactorio, sobre todo nas nosas actividades complementarias como estudantes de bacharelato. Ese home tan sabio, cunha personalidade e unha traxectoria política tan potente, accedendo a un convite de tres mociños das terras de Bergantiños a saborear unhas sardiñas e, sobre todo, gozar dunha tarde de parola cabo do porto de Malpica. Canta paciencia tivo ante as miñas preguntas sobre isto e aquilo e aqueloutras cousas.
En min exerceu unha grande influencia. Por cousas da vida fun alumno seu un cuatrimestre, despois de rematar Filosofía. Non me perdín ningunha das súas aulas. Que maneira de elaborar un discurso e comezar nun punto dado, ir danzando co tema ao longo da historia e volver desembocar nese mesmo punto a xeito de corolario. Así era a docencia do Beiras. Magnífica! Xa por terras asturianas nos 90, escoitalo no parladoiro que dirixía Julia Otero en Onda Cero era todo un orgullo. E se lles mencionaba aos meus alumnos e alumnas asturianos a figura de Beiras, e non se decataban, facía o xesto do zapatazo, e logo reaxían cun sorriso cómplice de quen lles merecía simpatía pola súa actitude combativa sempre valorada de entrada en terras asturiana. Que a terra che sexa leve, meu profesor. Que alá por onde pases a morar poidas combinar os sons do teu piano coa trompeta dun ribadense ao que ben coñeciches e tanto apreciaches, e tamén paroledes sobre a escola de Frankfurt, nomeadamente sobre a figura de Walter Benjamin. Sempre na nosa memoria.




















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



