Critica a sinatura en solitario e pola porta de atrás do convenio e a desconvocatoria unilateral da folga
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2026. Logo de sabelo pola publicación dun comunicado distribuído por UGT, CCOO Servizos manifesta o seu absoluto rexeitamento ao acordo acadado no convenio colectivo de comercio de alimentación da provincia de Lugo e denuncia que unha vez máis, coma en 2023, UGT opta por pechar un pacto insuficiente que non responde ás necesidades reais das traballadoras e traballadores do sector.
Dende CCOO consideramos especialmente grave que este acordo se producira novamente sen convocar unha reunión da mesa negociadora na que todas as organizacións presentes puidesen coñecer as posicións definitivas das partes e defender as súas propostas. De novo, Comisións non foi chamado a participar nunha reunión final de negociación antes do peche do convenio, unha forma de actuar que, lamentablemente, xa se está a converter en habitual nas relacións entre UGT e a CEL na provincia de Lugo.
Para CCOO, a negociación colectiva debe desenvolverse desde a transparencia, o respecto ás organizacións presentes na mesa e a participación de todas as partes ata o momento final da negociación. Non é aceptable converter as mesas de negociación nun mero trámite para, posteriormente, adoptar decisións á marxe delas. Consideramos especialmente grave que se perda unha nova oportunidade para avanzar cara á equiparación das condicións laborais da alimentación en toda Galicia. Mentres noutras provincias se acadaron melloras salariais e sociais de maior alcance, os cadros de persoal de Lugo manteranse entre os que perciben menores salarios e contan con peores condicións do sector.
Este acordo continúa afondando nun modelo de negociación baseado en aceptar posicións de mínimos no canto de defender un proceso de converxencia que permita que as persoas traballadoras de Lugo teñan os mesmos dereitos que as súas compañeiras e compañeiros da Coruña, Pontevedra ou Ourense.
Esta forma de actuar non é un feito illado. Nos últimos meses vimos como UGT subscribiu o convenio do comercio téxtil de Lugo cunhas condicións inferiores ás existentes noutros ámbitos do sector; como asinou o convenio de Oficinas e Despachos tras un proceso negociador do que CCOO foi excluída e no que se aceptou a desaparición da xeración de novos trienios; e agora repite a mesma fórmula na alimentación.
CCOO respecta a vontade das organizacións asinantes, pero considera lexítimo preguntarse por que cada vez que existe a posibilidade de loitar para dar un salto adiante nas condicións laborais da provincia, UGT abandona a unidade sindical e acaba aceptando acordos que consolidan as diferenzas con respecto ao resto de Galicia. As traballadoras e traballadores da alimentación de Lugo merecían máis: merecían un convenio que permitise avanzar cara á igualdade salarial e social co resto do país, non un acordo que perpetúa unha situación de desvantaxe histórica.
CCOO continuará defendendo o principio de igual traballo, iguais dereitos e igual salario, e seguirá loitando para que as persoas traballadoras de Lugo deixen de ser tratadas como traballadoras e traballadores de segunda dentro do sector da alimentación galega.


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



