O Grupo Municipal Socialista rexistrou hoxe unha solicitude de acceso aos expedientes e levará o asunto ao Pleno para esclarecer a xestión do PP
Abadín, 7 de outubro de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista de Abadín, Pablo Díaz, esixe ao alcalde, José María López Rancaño, explicacións polos dous procedementos contencioso-administrativos abertos contra o Concello por reclamacións de pagamento das obras da residencia de maiores. O socialista cuestiona que o PP deixase sen resposta expresa as reclamacións previas das empresas e reclama coñecer as cantidades pendentes de aboamento e as consecuencias económicas que estes procesos poden ter para as arcas municipais.
“O Sr. Rancaño e os seus concelleiros levan anos presumindo da boa situación económica e do superávit municipal. A veciñanza ten dereito a saber por que unhas reclamacións relacionadas coas obras da residencia acabaron nos tribunais e por que non recibiron unha resposta do Concello”, sinala Díaz.
Segundo a documentación municipal á que fai referencia o grupo socialista, un dos procedementos foi interposto por BBF Finance Iberia, S.A., titular dos dereitos de cobro de facturas correspondentes a certificacións das obras da residencia. A entidade reclama o cumprimento da obriga de pagamento, así como xuros de demora e custos de cobro.
O segundo foi promovido por Regenera Construcciones y Contratas 2022, S.L. Neste caso, a empresa reclama 75.362,64 euros pola liquidación final da obra e outros 3.122,59 euros en xuros de demora.
As e os socialistas subliñan que ambos os recursos se presentan contra a desestimación por silencio administrativo das reclamacións de pagamento. “Estamos ante reclamacións que non obtiveron unha resolución expresa antes de chegar á vía xudicial. O PP ten que explicar por que non respondeu e como xestionou estes expedientes”, afirma Díaz.
Ante esta situación, o PSdeG rexistrou hoxe un escrito no que solicita copia íntegra dos dous expedientes, incluídas as reclamacións das empresas, a documentación sobre a cesión dos dereitos de cobro, a liquidación final da obra e os decretos de remisión ao Xulgado. Tamén pide unha relación completa das facturas ou certificacións da residencia que continúen pendentes de pagamento, cos seus importes, datas e conceptos.
Ademais, a solicitude abrangue o detalle dos xuros de demora e das eventuais costas procesuais, así como un informe da Secretaría-Intervención sobre as razóns polas que non se contestaron as reclamacións previas e as medidas adoptadas para evitar novos contenciosos por impago.
Pablo Díaz anuncia que levará este asunto ao vindeiro Pleno e fará seguimento da evolución dos dous procedementos. “Esta é a realidade do que está pasando en Abadín: reclamacións sen resposta, empresas que acaban acudindo aos tribunais e procedementos xudiciais que agora ten que afrontar o Concello. Rancaño terá que explicar no Pleno por que un Goberno que presume de superávit deixa sen resolver estas reclamacións e que consecuencias pode ter a súa xestión nos petos da veciñanza”, conclúe.



















O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.


